BNG estreita as relacións co Sinn Féin coa participación no seu congreso anual

Ana Pontón e Ana Miranda
Ana Pontón e Ana Miranda

Ana Miranda: “Somos Pobos irmáns e precisamos gobernos que nos defendan como fan o Bloque e o Sinn Féin”

Tras o encontro celebrado onte entre as dúas líderes políticas Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Ana Pontón, e Mary Lou McDonald, presidenta do Sinn Fein, hoxe a eurodeputada do Bloque, Ana Miranda, representa ao BNG no congreso anual do Sinn Féin. “Queremos amosar a nosa solidariedade internacional para que se manteñan os acordos de Venres Santo”, salientou Miranda, en referencia ao acordo de paz asinado en Belfast en 1998 entre o goberno británico e o irlandés.

A xustiza social, o dereito de autodeterminación, os dereitos dos pobos e o internacionalismo son algúns dos temas que a coordinadora de Relacións Internacionais do Bloque abordará nas reunións que manterá ao longo da xornada, e que servirán oara estreitar as relacións entre o BNG e o Sinn Féinn. Entre as xuntanzas celebradas destaca o encontro das diferentes delegacións internacionais asistentes ao congreso, que foron recibidas por presidenta Mary Lou McDonald.

A.Ponton A.Miranda M.Anderson
A.Ponton A.Miranda M.Anderson

Ademais, Ana Pontón e Ana Miranda mantiveron unha reunión coa ex eurodeputada e actual responsable do Sinn Féin para Europa, Martina Anderson, con quen o BNG desenvolveu diversas iniciativas na Eurocámara, sobre todo en relación á defensa dos dereitos humanos e o internacionalismo, e que recentemente estivo de visita en Galiza percorrendo a Costa da Morte.

Saída xusta á crise

Tanto o BNG como o Sinn Féin defenden unha saída xusta á crise mediante a actuación de gobernos valentes que poñan por diante os intereses das maiorías sociais, de forma que as persoas estean por riba dos intereses económicos das multinacionais e dos grandes lobbies.“Somos Pobos irmáns e precisamos gobernos que nos defendan como fan o Bloque e o Sinn Féin”, manifestou a eurodeputada nacionalista.

Neste contexto de crise económica, Ana Pontón e Ana Miranda mantiveron onte un encontro coa Asociación de Galegos de Dublín, co obxectivo de abordar a situación de tantas galegas e galegos que emigraron por culpa das políticas desenvolvidas polo PP.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG