O BNG esixe unha desculpa pública da CRTVG polo compartamento machista do programa Land Rober

Land Rober
Land Rober
O programa sorprendeu a unha convidada coa súa ex-parella sen comprobar previamente as graves circunstancias que provocaron a ruptura

A deputada do BNG, Olalla Rodil rexistrou unha pregunta urxente no Parlamento galego para pedir un pronunciamento da CRTVG e do programa Land Rober  polo acontecido onte cunha convidada  que descoñecía a sorpresa preparada polo programa coa súa ex-parella.

O programa accedeu ás demandas da ex-parella  baixo o rotulo, “Deguida imos saber se a exmoza de Raúl lle dá unha segunda oportunidade”. A muller explicou que esa persoa coa que mantivera unha relación, a controlaba e preferiu non explicar publicamente  as circunstancias da ruptura  e fíxoo chorando e exposta ás preguntas do presentador e os seus colaboradores/as.

 “Nós nos sabiamos nada, el chamounos con toda a súa historia de que estaba namorado, e quería volver contigo e quería pedir perdón porque metera a pata e nós dicímoscho a ti, é un atraco porque entendemos que é un atraco pero tamén, esta torpeza nosa que acabamos de cometer axuda a que expliques unha cousa que por desgraza, esta pasando moito. Vaia unha cousa por outra”, dixo o condutor do programa.

Para o BNG   o acontecido onte no programa Land Rober non pode pasar como unha anécdota  e exixe responsabilidades pero tamén unha reflexión sobre os contidos que difunde a programación  dos medios públicos. Non é  a primeira vez que este programa en concreto foi duramente criticado pola banalización da violencia, “ É peor pegarlle a unha vella” ou a imaxe estereotipada que transmite revestida de show.

O BNG, exixe “unha desculpa pública” e unha “rectificación inmediata” por parte do programa e da CRTVG. Asemade, parlamentaria nacionalista  pregunta se o ente público adoptará algunha medida o decisión ao respecto e si a CRTVG xa pediu algún tipo de explicación ao programa.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG