parlamento galego

BNG denuncia falta de control da Xunta nas plantacións ilegais de eucalipto e pide que rectifique para non “conculcar a ilegalidade”

Xosé Luís Rivas "Mini"
Xosé Luís Rivas "Mini"
Xosé Luís Rivas lamenta o voto en contra do PP á iniciativa nacionalista e  acusa á Xunta de ofrecer “unha amnistía velada” ás plantacións ilegais

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas (Mini) denunciou a “falta de control da Xunta sobre as plantacións ilegais de eucalipto” e pediu unha rectificación porque de non facelo, afirmou,  a Xunta estará “conculcando a ilegalidade”.

Rivas lamentou o voto en contra da iniciativa nacionalista e  acusou á Xunta de ofrecer “unha amnistía velada ” para os responsables das plantacións ilegais de eucalipto. Por outra parte, asegurou que Medio Rural confunde “unha moratoria en serie” cun “levantamento masivo” para máis  de 35 mil hectáreas “oficiais” de terreo agropecuario plantadas con eucalipto e criticou a “inacción  do PP ante esta situación.

Dende o BNG, reiterou o deputado, propoñemos que o goberno “cumpra a legalidade”. A nosa iniciativa vai nesta liña e se vostedes non os fan estarán constatando que queren ofrecer “unha amnistía” ás plantacións ilegais, reiterou.

Xosé Luís Rivas lembrou que o ex-conselleiro de Medio Ambiente Carlos del Álamo iniciou no ano 92 a operación ENCE pagando para introducir, de maneira masiva, o cultivo e forestación a base de eucalipto, naquel momento considerada unha “árbore curiosa”, cun crecemento máis rápido que o Piñeiro e cun alto consumo de auga que afectaba gravemente as fontes e mananciais.

A Chaira luguesa, explicou o deputado coas súas duras xeadas e as terras altas da Fonsagrada e mesmo do Piornedo xa poden contar coa bendita solución económica para o rural, o eucalipto,  como complemento ás  ridículas pensións e como  garantía de futuro dun rural poboado, produtivo e próspero, ironizou o parlamentario.

En  2017-2018 chega a alarma a Consellería ante o ritmo de expansión do nitens é o adecuado, de 10 a 12.000has/ano de expansión nos últimos 10  que dan de 100 a 120.000Has novas. Mentres as leis prohiben plantar en terra agropecuaria , preguntou  “quen controla esta ilegalidade e quen induce a ela?”

A recentemente aprobada lei de Recuperación da Terra Agraria inclúe unha moratoria do eucalipto que tras publicitarse desatou unha febre plantadora sen parangón, tamén en terras agrícolas e pecuarias. Ademais da ilegalidade que supón a forestación destas terras de alto valor produtivo, o anuncio da tal moratoria  produciu o efecto contrario do que en teoría pretendería a lei. 

Nos concellos con  PXOM e os que  non o teñen, “ninguén move un dedo para a reposición da legalidade”. Desde os distritos, con sobrecarga, tentan actuar sobre aquelas fincas que foron denunciadas, sabendo que desde a Consellería existe unha  “orde tácita, nunca escrita, de dar largas e non actuar”, unha situación que provoca enfrontamentos innecesarios entre veciños e veciñas, uns gandeiros/as en activo e outros/as xubilados/as ou absentistas.

O deputado concluíu a súa intervención instando á Xunta a tomar medidas para identificar as terras agropecuarias forestadas “ilegalmente” e repoñer a legalidade.

A iniciativa do BNG foi rexeitada polo grupo parlamentario do Partido popular.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG