Congreso

O BNG denuncia no Congreso a perigosa situación da liña ferroviaria Ferrol-Betanzos ao seu paso por Cabanas

Via Ferrol-Betanzos
Via Ferrol-Betanzos
O deputado Néstor Rego advirte da perigosidade na que se atopa neste momento a vía e a inexistencia de medidas de control que pon en risco a estrutura

Nas últimas semanas detectouse un empeoramento notábel do ribazo que sostén as vías da liña Ferrol-Betanzos ao seu paso por Cabanas, dado como consecuencia das choivas que se produciron un importante corremento de terras que afectou tanto a unha vivenda unifamiliar como ao paseo marítimo que bordea a praia da Madalena.

Ante a inexistencia de medidas de control sobre o ribazo podo provocar novos corrementos de terra, co conseguinte perigo para a estabilidade da estrutura da liña ferroviaria, como para as vivendas situadas baixo a mesma. O Bloque Nacionalista Galego preguntou ao Goberno mediante unha iniciativa parlamentara sobre as medidas de prevención para evitar un empeoramento da situación.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG