parlamento galego

BNG defenderá no Parlamento a transferencia das competencias de Tráfico e Seguridade Viaria

Luís Bará
Luís Bará
Luís Bará lembra que en 12 anos, Feixóo non reclamou ningunha competencia para Galiza e afirma que o BNG non renuncia a  superar o actual marco político coas competencias pendentes.

BNG defenderá no vindeiro pleno da Cámara galega unha proposición de lei para demandar do Goberno central  as competencias en materia de Tráfico e Seguridade Viaria.

O nacionalista Luís Bará afirma que, o BNG non renuncia ao obxectivo de superar o actual marco político e para iso “precisamos contar coas competencias pendentes”.

Bará explica que Feixóo no ano 2009 na súa chegada ao goberno da Xunta   afirmou que comezaba a “maior etapa do autogoberno da historia de Galiza” pero a realidade é un  balance de doce anos con competencias  “cero, cero patatero”, recalcou.

Para o nacionalista, a falta de competencias  fixo perder  posicións a Galiza fronte outras comunidades que  avanzaron asumindo novas transferencias. Por esta razón, o BNG impulsará, no vindeiro pleno do día 27 de abril na Cámara galega, unha proposición  de lei  para instar á Xunta a demandar do goberno central as competencias en materia de Tráfico e Seguridade Viaria, “unha demanda xa aprobada no Parlamento galego no ano 2008 e vetada no Congreso cos votos en contra do Partido Socialista e  a abstención do Partido popular”.

O deputado reitera que as competencias deben ser traspasadas para xestionar e desenvolver dende Galiza,  entre outras,  a Lei de Policía aprobada no ano 2017 para contar   cunha policía propia como en   Cataluña, Euskadi ou Navarra.

O nacionalista asegura que  a falta de competencias galegas   coloca a Galiza  nunha posición desigual a respecto doutras comunidades e condúcea  “á irrelevancia política”. Neste sentido, indicou que Euskadi conseguiu o traspaso da Autoestrada AP-68 no ano 2019 e na actualidade o Goberno Vasco está negociando 12 competencias máis, entre elas: Prisións, Seguridade Social,  e Transportes por estradas e mentres tanto o goberno da Xunta e Feixóo,  reitera  permanece na “ parálise política”.

Galiza precisa “máis ferramentas políticas e financeiras” para defender os seus intereses e no contexto de pandemia son máis urxentes para facer fronte aos novos retos derivados da COVID.

Neste momento, afirma Bará, dende o BNG consideramos indispensable que sexan transferidas as competencias de Tráfico e Seguridade Viaria pero tamén avanzar en competencias pendentes como: Salvamento e Seguridade marítima, Xestión da Costa e de dominio público marítimo terrestre, Institutos de Investigación Oceanográfica, Autoestradas do Estado ou Portos de Interese Xeral.

Na sesión plenaria o BNG tamén interpelará á Xunta sobre  as negociacións das transferencias pendentes.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG