BNG culpabiliza á Dirección xeral de Comercio do retraso da convocatoria de subvencións do ano 2022 para as asociación e federacións de comercio

Carmela González
Carmela González
Carmela González critica a demora na convocatoria de axudas  para un sector gravemente danado pola crise económica e a COVID e pide que non se repita este ano, o retraso do  2021
BNG culpabiliza á Dirección xeral de Comercio do retraso da convocatoria de subvencións do ano 2022 para as asociación e federacións de comercio
A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno relativa á demora na convocatoria de subvencións para as asociacións e federacións de comercio para o ano 2022, a parlamentaria do BNG, Carmela González criticou o retraso e asegurou que non se xustifica a demora nunhas ordes de axudas  sometidas a un “proceso administrativa simple” e  sen “non ningunha razón de peso  para convocalas en marzo ou abril”.

A parlamentaria responsabilizou á Dirección xeral de Comercio do retraso das convocatorias para axudas ao comercio cando en realidade, dixo, é “un pega e copia das do ano anterior” e preguntou si realmente o goberno está comprometido a   resolvelas “con axilidade”,  antes do verán.

O sector, explicou  a deputada, demanda que sexan convocadas a principios do mes de decembro, con canta contía e para que actividade concreta  co fin de impedir a devolución da subvención como xa aconteceu con algunha federación ante a reclamación do adianto e a posterior denegación da axuda. A deputada rexeitou as explicacións do director xeral de Comercio, Manuel Heredia sobre a ampliación dos prazos para o desenvolvemento das actividades porque, dixo, os solicitantes descoñecen o tipo de actividades e o que precisan e que non se retrase a convocatoria.

Carmela González cominou ao director xeral a enviar a convocatoria, “mañá mesmo” para ser despois publicada no DOG e compensar todos os prexuízos causados do ano pasado.

A xuízo da nacionalista, “non existe ningunha xustificación para retrasar as convocatorias” e explicou que as  subvencións van dirixidas a un reducido número de solicitudes  polo tanto “non require un gran proceso polo gran  número de solicitantes e  resolución é simple”. Dende o BNG, recalcou, “non entendemos o retraso na convocatoria”.

Para a deputada, a crise do comercio dende hai 12 anos, coincide co goberno do Partido popular e a falta de medidas para reflotar un sector gravemente danado. A Xunta de Galiza, volveu a explicar,  convoca ao ano dúas liñas de subvencións ás asociacións e federacións de comercio, as destinadas a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos e ás actividades para o comercio de proximidade.

As axudas buscan construír un sector comercial máis “forte e dinámico” e as actividades deben desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro. A deputada recalcou que resulta obvio que de comezar as actividades o 1 de xaneiro a convocatoria de axudas debe ser anterior pero a Dirección Xeral de Comercio “convoca tarde e resolve tarde”.

Na actualidade son convocadas entre marzo e abril e resolvese no mes de setembro e outubro e no ano 2020, “en plena pandemia e cos negocios pechados e sen ingresos as axudas foron convocadas en xuño e resoltas a finais de ano”, criticou.

O pasado ano, foron convocadas o 29 de xullo e no mes de agosto, na súa opinión,  “moi tarde” se realmente a intención e reforzar o sector comercial.

Carmela González insistiu en que deben ser axilizadas as convocatorias e as resolucións para que as asociacións non se vexan obrigadas a solicitar nun primeiro momento un préstamo bancario e logo accede a subvención.

O goberno galego non repara, dixo,  que estas asociacións, sen ánimo de lucro dependen das axudas para existir e están formadas por mulleres e homes que dedican un grande esforzo para acadar un beneficio para a colectividade polo que volveu a reclamar “axilidade” para non deixar desamparadas a todas estas entidades até final de ano.

 

BNG culpabiliza á Dirección xeral de Comercio do retraso da convocatoria de subvencións do ano 2022 para as asociación e federacións de comercio