Parlamento Europeo

BNG cualifica de “chapuza” o trámite da Xunta para actualizar a clasificación das explotación gandeiras que deixa a unha gran parte delas fóra das axudas da PAC

Carme Aira
Carme Aira
Carme Aira criticou as eivas da aplicación informática  para acceder a nova clasificación e reclamou un compromiso  de Medio Rural cos produtores e produtoras das explotacións gandeiras para evitar o futuro peche por falta de  axudas

A deputada do BNG e portavoz de Desenvolvemento rural e PAC do BNG, Carme Aira formulou unha pregunta ao goberno sobre as medidas prevista por Medio Rural para que ningunha solicitude quede fóra das axudas da política agraria común ante as grandes dificultades das explotacións gandeiras para acceder a nova clasificación.

A parlamentaria, tras cualificar de “chapuza” o trámite da Xunta para actualizar a nova clasificación das explotación acusou ao director xeral de Gandería, Agricultura e Desenvolvemento Rural, José Balseiros, de non defender o agro galego e asumir “sen rechistar” a intención do ministro Planas para poñer en marcha unha nova clasificación ás granxas para acceder as axudas asociadas á produción.

Para a deputada, a consellería non mantén un diálogo cos responsables das entidades de aconsellamento que realizan o traballo de campo, non atende os seus requirimentos nin  necesidades. Neste sentido, lembrou que a consellería de  Medio Rural, sabe  que o programa “Melles” é “inoperativo” e presenta grandes dificultades pero, tras dous anos non foi modificado a pesar de que a maior parte das veces, “non carga o que se sube  e hai unha grande demora con horas de espera para as entidades que o utilizan”.

Por outra parte, sinalou que ás dificultades mencionadas hai que sumar a falta de conexión estable a internet nalgunhas zonas entre as que destacou  a provincia de Lugo.

Tras a intervención do director xeral de Gandaría, José Balseiros que eludiu anunciar “un compromiso” de Medio Rural  para resolver os problemas detectados no trámite da nova clasificación das explotacións para acceder ás axudas da PAC, a nacionalista reclamou establecer “un procedemento amplo que recolla protocolos  para notificación de incidencias e a comunicación da súa resolución” porque até sistemas de máis baixa calidade contan con este procedemento” mentres que a Xunta carece del ao igual que AGADER e os GDR.

Carme Aira lamentou que despois de tantos anos de goberno, o Partido popular persista na súa “imprevisión” sobre todo ante a innegable complexidade que presenta a política agraria común. Vostedes, dixo, a nacionalista, teñen a obriga de facer “previsións  exhaustivas ” da afectación dos novos requisitos da PAC sobre os produtores e produtoras galegas pero “está sucedendo todo o contrario”.

A deputada acusou a José Balseiros  de “tensionar” o agro galego e provocar unha falta de seguridade xurídica para garantir a viabilidade das súas granxas. O  cobro das axudas da PAC, advertiu que  pode ser o que marque a diferencia entre permanecer con actividade ou pechar a explotación.

É imprescindible, recalcou a nacionalista “que se poñan a reorganizar a súa casa e a facer un traballo efectivo polo noso agro” por que “non o están deixando morrer, o están  matando” e alertou da “zozobra” en que vive o agro galego ante o cambio de ciclo da PAC.

Nesta liña, sinalou que no remate do ciclo pasado evidenciouse “a falta de previsión” da  Dirección Xeral de Gandaría, agricultura e industrias agroalimentarias, así como a capacidade para  empatizar cos e coas profesionais. Na súa intervención, Aira tamén se referiu  a “falta de responsabilidade” de Medio Rural nas  convocatorias de produción en  ecolóxico e  a baixa dotación orzamentaria que motivou que un gran número de solicitudes quedaran fóra, “poñendo en risco a viabilidade das súas granxas e explotacións”.

O goberno galego, afirmou a deputada, “non se enteira ou non quere enteirarse da  nova PAC” e a nova clasificación de explotacións non foi transmitida con claridade ás  aos produtores a pesar de que o propio director xeral de Gandería, Jose Balseiros participou en diverso actos en todo o territorio galego sen ter feito ningunha mención nas súas disertacións. Os problemas foron detectados polas entidades de aconsellamento que sabían das granxas que non cumprirían cos requisitos. A resposta de Medio Rural, explicou a nacionalista, foi deixar que cada OAC “fixera o que puidera” e de feito, algunha, coa mellor intención, “tentou modificar a clasificación pero outras non puideron facer nada porque non lles chegou a información necesaria”.

A deputada nacionalista, rematou a súa intervención reclamando “responsabilidade” á Dirección xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias  para resolver os graves problemas que afectan ao agro galego.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG