BNG convoca o 18 de decembro unha nova manifestación contra a suba dos prezos

Lucía López Sobrado
Lucía López Sobrado

A manifestación é colofón dunha campaña que se lanzará en todo o país para explicar as alternativas do nacionalismo para frear as consecuencias da crise que sofren familias e empresas

Lucía López Sobrado chama a mobilizarse para frear o “empobrecemento xeralizado do pobo galego” por mor da inflación

 

O BNG presentou hoxe a campaña "Facer Valer Galiza" para combater a crise de prezos derivada da inflación coa mirada posta na xustiza fiscal, o impulso á mocidade e as PEMEs e a intervención no mercado da eléctrico e o da vivenda, entre outras medidas que teñen por obxectivo dotar a Galiza dunha alternativa á política de austeridade e os recortes do PP.

A secretaria da Área de Organización, Lucía López Sobrado, defendeu a “alternativa de goberno” que supón o BNG mediante un paquete de medidas enfocado “nas persoas”. Neste sentido, defendeu que esta nova crise “débea pagar quen máis ten” mediante a persecución do fraude fiscal e a suba de impostos aos grandes patrimonios e a suba das pensións e os soldos máis baixos ata un 60% do soldo medio actual. Tamén propuxo o incremento das contías da RISGA e as axudas contra a violencia machista e a restitución da Tarxeta Básica, suprimida polo Goberno do PP.

López Sobrado denunciou que a “desorbitada inflación afecta de cheo á economía galega, aos seus traballadores e traballadoras” e puxo o foco no “grave problema” que supoñen para sectores como o gandeiro ou o pesqueiro, xa golpeado polo veto á pesca da Unión Europea.

Neste contexto de “empobrecemento xeralizado do pobo galego e de enormes beneficios das grandes eléctricas e grandes fortunas”, a secretaria da Área de Organización enxalzou “unha alternativa política que sexa unha ferramenta para corrixir a ineficacia dunha Xunta que non pode seguir paralizada” e remarcou as medidas que recolle a formación nacionalista, como a a suspensión dos desafiuzamentos ate o 31 de decembro do 2023 xunto coa limitación do prezo dos alugueiros para 2023 e 2024 e o límite dun 2% de suba para os locais comerciais.

Ademais, para frear o incremento da factura da enerxía das galegas e dos galegos, a secretaria da área de Organización propuxo a intervención da Xunta no sector eléctrico “coa creación dunha empresa pública de enerxía” e o impulso de medidas “para que non sexan os mozos e mozas quen paguen os custos desta crise de prezos”, remarcou, a través de accións como a revisión á alza das bolsas estudantís para protexer ao alumnado en situación precaria.

No eido internacional, a secretaria da área de Organización argumentou que a posición de Galiza debe ser a de “promoción da paz e o fin da guerra na Ucraína” poñendo fin á escalada militar mediante o diálogo e o freo á carreira armamentística e a suba en gasto militar recollida nos Orzamentos xerais do Estado.

Manifestación nacional o 18 de decembro

Fronte a esta “grave situación” de inflación e precariedade, López Sobrado convidou a toda a cidadanía a “tomar a voz e saír á rúa, xa que Galiza é un pobo vivo que non se resigna” e animou a participar na manifestación nacional convocada para o vindeiro domingo 18 de decembro en Santiago de Compostela para reclamar “unha saída xusta e digna” a esta crise.

 
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG