BNG considera intolerable a última “machistada” do PP cualificando de “fashionarias” a Ana Pontón e Yolanda Díaz

Montaxe PP
Montaxe PP
Reclama a Rueda a desautorización inmediata do concelleiro de Santiago Adrián Villa, autor do chío, que foi reproducido na conta oficial do PPdeG

O BNG considera intolerable o último comentario machista do Partido Popular a través dun chío nas súas redes oficiais no que se critica a maneira de vestir da portavoz nacional, Ana Pontón, e da vicepresidenta Yolanda Díaz, ás que se tilda de “fashionarias”, un novo exemplo do machismo máis rancio, que considera que se pode xulgar ás mulleres pola súa maneira de vestir. O comentario machista foi publicado polo concelleiro do PP en Santiago Adrián Villa en Twitter e posteriormente compartido pola conta oficial do PPdeG.

Screenshot 2023-09-22 at 09-59-29 Adrián Villa on X
Pantallazo

O BNG entende que estamos ante unha nova mostra de que o feminismo segue e a ser unha materia pendente para o PP, que persiste en actitudes machistas que son un auténtico freo para avanzar nunha sociedade en igualdade. Neste sentido, o Bloque pide a Rueda que faga unha desautorización inmediata e contundente do concelleiro popular de Santiago, deixando claro que na sociedade galega de 2023 non é tolerable este tipo de actitudes machistas nas que se critica as mulleres pola súa forma de vestir. Do contrario, o presidente da Xunta estaría consentindo e branqueando unha actitude machista, por parte dun cargo público do PP, que a maioría da sociedade galega rexeita.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG