O BNG chama a mercar un libro en galego no comercio local no “Día das Librarías”

Mercedes Queixas, Libraría AZETA, A Coruña
Mercedes Queixas, Libraría AZETA, A Coruña
A campaña do BNG aposta por apoiar e visibilizar o produto galego, o comercio de proximidade e a súa actividade na creación de emprego nas vilas e cidades galegas
O BNG chama a mercar un libro en galego no comercio local no “Día das Librarías”

A  portavoz de Cultura do BNG, Mercedes Queixas fai un chamamento a apoiar  á celebración do  “Día das librarías” mercando un libro en galego no comercio local.

A parlamentaria lembra que no actual contexto de pandemia “é máis necesario que nunca  apoiar ao sector libreiro”. Neste sentido, o BNG iniciou unha campaña para visibilizar a aposta polo produto galego, o comercio de proximidade e a actividade que dinamiza e crea emprego nas vilas e cidades galegas.

Luís Bará libraría Seixas Pontevedra

O BNG chama a participar na campaña nas redes sociais, #DíadasLibrarías #EuMercoLocal subindo unha foto nunha libraría e cun libro na man como ao longo do día xa  fixeron a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, os deputados e deputadas do grupo parlamentario nacionalista e destacados cargos políticos nas diferente administracións galegas.

O BNG chama a mercar un libro en galego no comercio local no “Día das Librarías”