BNG celebra o día da Patria galega cunha grande mobilización e convencido de acadar un resultado histórico nas Xerais 23X

Lucía López e Xabier Campos
Lucía López e Xabier Campos
Baixo o lema “Imos a máis para unha nova Galiza”, o BNG encara o día da Patria Galega, 25 de xullo do 2023, co convencemento de celebrar ante miles de persoas  un resultado histórico nas eleccións do 23X.

Ás  12 horas comezará a celebración coa  a manifestación nacional que partirá da Alameda de Santiago de Compostela  e que rematará na Praza da Quintana onte terá lugar o acto organizado polo Bloque Nacionalista Galego coas intervencións  do  cabeza de lista por Lugo, Daniel Castro, Marta Gómez, Secretaria Xeral de  Galiza Nova e a Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón.

Ao acto de celebración na Quintana asistirán diversas delegacións internacionais.

O  BNG agarda para o 25 de xullo  unha grande mobilización e celebrar un resultado histórico  tras eleccións xerais.

Durante os días previos á celebración do día da Patria galega, o BNG desenvolverá unha campaña divulgativa  en diferentes localidades  para informar dos actos previstos para conmemorar a gran festa  do 25 de Xullo, Día da Patria Galega.

A Secretaria de Organización, Lucia López  Sobrado fai un chamamento a todos os galegos e galegas a participar na manifestación nacional e no acto público na Praza da Quintana para celebrar  a vitalidade da nación galega e “o orgullo de seren galegos e galegas en pe de igualdade co resto dos pobos do mundo”, porque “Galiza existe e somos un país rico e con moita potencialidade” e só precisamos “crer en nós e nas nosas propias forzas como fai o BNG”.

Fronte aos discursos reaccionarios e centralistas, o BNG aposta por unha “Galiza viva, libre e con futuro” e por iso, o 25 de xullo imos demostrar toda esa potencialidade e celebrar con forza o día da nosa nación, o Día da Patria Galega.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG