parlamento galego

BNG acusa a Mobilidade de amparar as “irregularidades” das concesionarias do transporte público

Paulo Ríos
Paulo Ríos
Paulo Ríos denunciou “os chanchullos” da consellería coas empresas beneficiarias do servizo afectadas por expedientes sancionadores  e a apertura  de dilixencias previas por indicios de “prevaricación administrativa” do  Director Xeral de Mobilidade, Ignacio Maestre

O portavoz de mobilidade do BNG, Paulo Ríos, acusou á conselleira , Ethel Vázquez de ser a “máxima responsable” de todas as irregularidades cometidas polas empresas beneficiarias do servizo do transporte público galego. O parlamentario cualificou de “chanchullos” da consellería, as irregularidades denunciadas e de non asumir os expedientes sancionadores do TSXG ao que sumou a apertura de “dilixencias previas” por indicios de “prevaricación administrativa” do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestre.

Paulo Ríos lembrou que en diferentes ocasións, o BNG trouxo á Cámara galega as denuncias das persoas usuarias sobre un “deficiente” transporte público e sobre as que a consellería nunca quixo ter en conta porque no fondo, dixo, está máis preocupada polos números que pola calidade do transporte e por esa razón “ampara” as irregularidades das empresas beneficiadas co servizo público.

Para a deputado, é “un escándalo” o incumprimento dos contratos de ofertas presentadas aínda que a conselleira persista en defender “os números”. A consellería, recalcou Paulo Ríos, négase a entregarnos a documentación relativa á quilometraxe mínima a executar, a idade máxima dos vehículo, os certificados ambientais,  condicións dos vehículos, horarios e itinerarios ou matriculas e lotes.

O verdadeiramente triste, afirmou o nacionalista, é que a Xunta “coñece todas estas circunstancias” pero unha vez máis, tivo que ser a Xustiza a que lle dá a razón ao BNG. Nesta liña, sinalou a sentenza do TSXG polo reparto do mercado en Monbus e Alsa,  “punta do iceberg” das irregularidades e dos incumprimentos no sistema de transporte público galego.

 A Xunta de Galiza, recalou, “é a titular do servizo  que destina 120 millóns de euros cada ano nas concesións de transporte” pero unha vez máis, a consellería que dirixe Ethel Vázquez á hora de seren interpelada, “non ten nada que dicir” e xustificase afirmando que, “ son cuestións entre empresas”.

A xuízo do parlamentario,  o que está acontecendo co transporte público en Galiza, é “un atropelo á sociedade galega, ao estado de dereito e á propia democracia”. A vostedes moléstalles cando lles dicimos que “gobernan para os seus amigos”, pero que queren que pensemos cando pechan os ollos e permiten por acción e por omisión  chanchullos das empresas amigas do PP, a costa dos cartos públicos?

A  última sentenza do TSXG non é o único “varapau xudicial” ao  seu modelo de “conivencia e regalías ás grandes empresas”, e a  xustiza ven de requirirlle a información que vostedes non queren dar en termos de vehículos adscritos, lotes e  sancións pero a   entrega desta documentación, derivou  na apertura de dilixencias previas por indicios de “prevaricación administrativa” por parte do seu Director Xeral o señor Ignacio Maestre.

Se temos como obxectivo o fomento dun transporte público de calidade, é fundamental rematar coa política de “amiguismo” e poñer os  servizos e  cartos públicos ao servizo do pobo galego e non  das empresas amigas do Partido Popular. “Se vostedes non o fan, moito me temo que o farán a Xustiza e as urnas máis cedo que tarde”, vaticinou o deputado do BNG.

Tras a intervención da titular de Mobilidade, Ethel Vázquez que negou irregularidades no  servizo do transporte público  porque cumpre  coas previsión e  orzamento , o nacionalista replicou que á conselleira só lle preocupan os números pero non o control, inspeccións e calidade do transporte público en Galiza.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG