BNG acusa ao goberno de querer “forzar o peche” de ENCE para crear un conflito do que tirar réditos electorais antes que buscar unha alternativa para o traslado

foto Luís Bará
foto Luís Bará

Luís Bará critica que a Xunta non respecte as resolucións xudiciais e use  artimañas para manipular a opinión pública e  burlar a lei cunha interpretación   “parcial e sesgada” do informe do Consello Consultivo  sobre unha futura adscrición de ENCE ao porto de Marín

Recalca que o futuro de ENCE depende unicamente do Supremo que decidirá si secunda o criterio da  Audiencia Nacional sobre a anulación da  prórroga, en cuxo caso,  “ENCE tería que pechar as súas instalacións en Lourizán, aínda que os terreos pasasen a depender do Porto de Marín

O portavoz de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará formulou unha pregunta ao goberno sobre si está disposto a “respectar as resolucións xudiciais sobre ENCE” ou vai seguir utilizando “artimañas para manipular á opinión pública e intentar burlar a lei” cunha  interpretación “sesgada e parcial” do informe do Consello Consultivo sobre unha futura adscrición de ENCE ao porto de Marín.

Para o deputado, a utilización do informe, por parte do Partido popular, responde á intención do goberno de “forzar o peche” de ENCE co fin de “crear un conflito do que tirar réditos electorais” e lembrou que o futuro da pasteira está “en mans do Tribunal Supremo que decidirá si secunda a decisión da Audiencia Nacional sobre a  anulación da prorroga,  en cuxo caso, “ENCE deberá pechar as súas instalacións en Lourizan” aínda que os terreos pasasen a depender do Porto de Marín.

Na súa intervención, Bará denunciou a negativa da Xunta a remitir ao grupo parlamentario do BNG o informe do Consello consultivo a pesar de telo  solicitalo en diversas ocasións dende o mes de outubro e considerou que este proceder é “unha vulneración dos dereitos dos deputados e deputadas”. O Goberno ten a obriga de envialo e tamén de responder as preguntas que lle formulamos, explicou.

Para o  deputado, é necesario “desmontar toda a cerimonia de confusión creada polo Partido popular para burlar unha sentenza da Audiencia Nacional do 16 de xullo” que establecía “a anulación da prorroga ilegal de ENCE” aprobada polo goberno en funcións  de Mariano Rajoy, o 20 de xaneiro de 2016. Ante esta situación, dixo, o goberno da Xunta reacciona de maneira “cambiante e contraditoria”, a primeira reacción foi aceptar a sentenza e mesmo se posicionou a favor dunha nova ubicación de ENCE, abrindo a  porta ao traslado con fondos europeos, na mesma liña se pronunciaba o  sector forestal defendendo  a reubicación no territorio galego. O propio Feixóo, afirmou o nacionalista, tamén declarou estar a favor do traslado e se hai fondos europeos “fantástico” e en Galiza caben dúas pasteiras e mesmo dende o goberno “abririámoslle as portas” sen embargo, criticou o deputado do BNG, non atopamos esa mesma disposición para buscar unha alternativa a ENCE e para  cumprir a sentenza.

Despois desta primeira fase, engadiu Bará, houbo un cambio de guión no Partido popular por “orde do Partido popular de Madrid” polo que o PP en Galiza tivo que cambiar a Lei de Costas para amparar a continuidade de ENCE nesa ubicación. A maiores, ideou unha unha campaña de mentiras utilizando ao Consello Consultivo de Galiza “manipulando de maneira burda e obscena do contido do informe”. O PP galego, tras manter unha xuntanza en Madrid coa Ministra de Transición ecolóxica declara que “traslada a ministra o informe do Consello consultivo donde se formula la posibilidad de adscribir los terrenos de la factoría a la Autoridad portuaria de Marín”. Isto, recalcou o nacionalista “é falso e escandaloso” porque o informe en ningún momento defende esa adscrición, o informe referíase a ampliación do porto de Marín aos terreos de ENCE.

O deputado explicou que ante as informacións contraditorias sobre as conclusións do informe, Radio Pontevedra-Cadena SER, pide unha valoración ao propio Consello consultivo e este confirma que “o futuro de ENCE depende do Tribunal Supremo”.  Si esta   instancia xudicial, recalcou Bará,  secunda a decisión da Audiencia Nacional sobre a anulación da prorroga de ENCE. “Non se pode burlar unha decisión xudicial buscando un atallo e manipulando un informe”.

Luís Bará concluíu a súa intervención afirmando que a verdadeira intención do Partido popular é crear “unha ficción e enganar a sociedade e traballadores para facer crer que ENCE pode seguir aí”, a pesar de que existe unha  sentenza da Audiencia Nacional e  segue pendente do fallo do Supremo.

 O PP permanece ao lado de ENCE e utiliza o seu seguidismo da factoría para continuar “coa  confrontación política”.Vostede queren “que pecha a fábrica” para provocar un  “conflito social” que lles poda acarrear réditos políticos e sobre todo, queren “botar abaixo o goberno municipal de Pontevedra”.  Vostedes, aseverou  o deputado do BNG, “non queren o traslado de ENCE”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG