parlamento galego

BNG acada o compromiso de Educación para manter o profesorado do CPI Castro Baxo de Miño, non suprimir unha unidade de 4º e solucionar as deficiencias do edificio

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas
Mercedes Queixas avanzou  que o BNG permanecerá "vixiante" para que Educación cumpra o seu compromiso   e non  o converta nun "mero anuncio electoral"

O BNG, a través dunha pregunta parlamentaria ao goberno formulada pola deputada nacionalista, Mercedes Queixas acadou o compromiso do Secretario Xeral Técnico de Educación, Manuel Vila López para reforzar o profesorado do Centro Público Integrado Castro Baxoi de Miño, non eliminar unha unidade de 4º  e iniciar as obras de mellora da cuberta do edificio.

Tras o compromiso do membro do goberno, a deputada  do BNG celebrou que a consellería dera “marcha atrás” na súa decisión de eliminar unha unidade de 4º” que conlevaría a supresión dunha praza docente e unha de apoio. Queixas explicou que o CPI Castro Baxoi de Miño é o único centro educativo e eliminar unha unidade de 4º ten como primeira consecuencia a “desatención educativa” porque no vindeiro curso 23-24 a ratio dun grupo tan delicado como é o 1º de entrada na escola con 3 anos ou menos “se acrecentaría” tendo en conta que xa hai 21 matriculados, 2 con NEAE pendentes e un que se incorporará no mes de agosto. Estaríamos pois, ante unha  “nunha ratio de máximos”.

Por outra banda, eliminar unha  unidade de 4º tamén significa “ a eliminación progresiva de unidades en EI e EP”. Ademais das consecuencias mencionadas, a deputada explicou que o concello de Miño experimentou un gran crecemento demográfico nos últimos 10 anos e coa expectativa de seguir medrando. Ao longo do curso foi  matriculado alumnado procedente da inmigración de Venezuela, Colombia, Ucraína, Marrocos, Pakistán... e o concello precisa de medios para o acceso á educación. Ao seu xuízo, “o PP non pode poñer en risco este dereito nun concello  cunha situación demográfica positiva”.

Compromiso explícito durante o verán para analizar o arranxo da cuberta

Tras o anuncio de  Vila López, a nacionalista celebrou a intención do goberno de atender as reclamacións do CPI Baxoi de Miño  para reforzar o profesorado e as melloras no centro educativo e avanzou que o BNG estará “vixiante” ao cumprimento do compromiso anunciado hoxe no Parlamento galego. Agardamos, dixo Queixas, que ao que vostede se comprometeu na comisión de Educación e Cultura non sexa “un mero anuncio electoral” como xa aconteceu na anterior campaña  co conselleiro, Román Rodríguez que unha vez máis, arroupado pola candidatura do PP en Miño comprometeuse incluso a construír outro centro pero a realidade é que o Partido popular práctica unha política de feitos consumados para eliminar unha unidade de 4º de infantil e “de paso, baleira o centro de persoal e alumando”, criticou.

O censo de poboación, recalcou a nacionalista fai necesaria a construción dun novo instituto para non fomentar o éxodo do alumnado de Miño a outros concellos.

A cuberta filtra a auga da chuvia ao interior do centro

A deputada tamén se referiu as deficiencias do edificio e celebrou que o Secretario  Técnico de Educación se comprometera a  dar unha solución inmediata para  mellorar a cuberta do edifico,  durante o verán  tras o informe da  comisión técnica  e impedir  así que a chuvia entre o centro. Este arranxo,   dixo Queixas reforzaría  a seguridade do alumnado polo que pediu un prazo para iniciar as obras sobre o que Vila López non se pronunciou.

A deputada reiterou que “o compromiso” debe ir acompañado de prazos e un “compromiso real” coa Comunidade educativa do centro de Baxoi de Miño.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG