As persoas perceptoras do SMI non tributarán IRPF, beneficiándose dunha dedución de 340€ anuais: 135.900 persoas na Galiza veranse beneficiadas, 2,4 millóns en todo o Estado
Néstor Rego valora positivamente o acordo conseguido polo BNG: “na Galiza, máis de 200.000 persoas que perciben ingresos anuais entre 15.120 e 18.276 euros veranse beneficiadas desta medida. Co BNG, Galiza gaña”
Será unha medida permanente e o custo será asumido integramente polo Estado, polo que as Comunidades Autónomas non terán prexuízo ningún
A Lei será remitida directamente ao Senado despois de ser aprobada na Comisión de Economía, Comercio e Transformación Dixital da cámara baixa