Ana Pontón sobre a xubilación aos 75 anos: "Un goberno, que presume de progresista, non pode copiar as receitas da CEOE"

Ana Pontón
Ana Pontón
"A anomalía, como di o ministro Escribá, é que un país como Galiza teña 200.000 mozas e mozos na emigración", afirma
Ana Pontón sobre a xubilación aos 75 anos: "Un goberno, que presume de progresista, non pode copiar as receitas da CEOE"

A líder do Bloque tamén fixo referencia á proposta anunciada polo Goberno central de aumentar até os 75 anos a idade de xubilación, alegando que é necesario cambiar unha situación de suposta “anomalía” dentro da UE.

“Pediría que antes de lazar propostas neoliberais, máis propias do Banco de España e da CEOE que dun auto-proclamado goberno de progreso, se den un paseo  por Galiza con máis de 200.000 mozos e mozas na emigración porque o Goberno de Feixóo non lles ofrece unha oportunidade de traballo digno no seu País, cunha taxa de actividade entre a xente moza  e cunhas pensións por debaixo da media do Estado”, alegou.

Subliñou, ademais, que esa sangría migratoria de xente moza agudiza o problema demográfico estrutural, “é o futuro de Galiza non pode construírse sen a súa xente moza”, recalcou. “O que precisamos é xerar emprego e evitar que a xente moza emigre, o que precisamos é que as novas xeracións traballen o que suporá un reforzo no sistema público de pensións. Xa está ben de que os sucesivos gobernos do Estado se poñan a copiar as receitas do Banco de España e da CEOE”, salientou.

 

Ana Pontón sobre a xubilación aos 75 anos: "Un goberno, que presume de progresista, non pode copiar as receitas da CEOE"