Ana Pontón viaxará a Suíza para manter unha serie de encontros coa comunidade galega neste país

Ana Pontón
Ana Pontón
Visitará Xenebra, Zurich e Basilea, onde manterá encontros coa colectividade galega

A portavoz nacional, Ana Pontón, manterá unha serie de encontros coa comunidade galega en Suíza entre os días 14 e 16 de abril nas cidades de Xenebra, Zurich e Basilea coa vontade de fornecer as relacións da formación nacionalista coa grande comunidade galega residente no exterior.

Pontón manterá diversos encontros cos centros galegos e as galegas e galegos a título individual de distintas profesións para coñecer a realidade da diáspora galega no país alpino. O obxectivo desta visita é o reforzo dos lazos do BNG, como partido principal da oposición, coa colectividade galega e compartir o modelo BNG para os concellos de moitas das persoas que forman parte da emigración.

A líder da oposición trasladará o interese do BNG nas problemáticas que afectan a galegas e galegos na emigración como as pensións dos retornados e a fiscalidade. A formación nacionalista foi a primeira en denunciar as reclamacións do Ministerio de Facenda a tantas persoas galegas que volveron de Suíza e outros países e que provocaron protestas en toda Galiza.

A axenda da portavoz nacional neses días consistirá dunha vista a galegos e galegas destacadas nas súas respectivas profesións nas cidades de Xenebra; en Basilea estará no centro galego Sementeira, onde manterá unha charla coa colectividade galega; en Zurich falará nos centros Ourense e Lalín, onde se atopará tamén coa cidadanía galega da diáspora; finalmente, fará un acto público nesta cidade. Ana Pontón estará acompañada pola eurodeputada do BNG e responsable de Relacións Internacionais, Ana Miranda.

Esta serie de visitas están encadradas na axenda internacional do BNG en relación coa emigración que se realizarán ao longo de 2023.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG