Ana Pontón resalta o clamor social contra o franquismo industrial de Altri e pídelle a Rueda que deixe de ser o seu comercial

Faixa BNG
Faixa BNG

Asegura que o rexeitamento da sociedade galega á macrocelulosa é clave para frear a hipoteca e a ameaza que supón para as vindeiras xeracións

Incide en que Altri é un exemplo máis de como o PP goberna desde a mentira, camuflando por biofábrica unha macrocelulosa contaminante

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, encabezou a delegación do BNG que participou na manifestación convocada polas plataformas en Defensa da ría de Arousa e  Ulloa Viva baixo o lema  “Altri non. Queremos vida, queremos futuro”, contra a instalación desta macrocelulosa contaminante no corazón de Galiza. Unha mostra de dignidade do pobo galego para dicir alto e claro Altri debe abandonar o proxecto.

"Estamos aquí para dicir algo e claro e todos a unha que queremos que Altri abandone ese proxecto de macrocelulosa. Para dicir Altri non, Galiza si, porque cremos que ese é un proxecto que hipoteca o noso futuro”, manifestou, subliñando que Galiza merece industrias que respecten o noso medio ambiente “e non o franquismo industrial das macrocelulosas, que é o único que pode ofrecernos o señor Rueda”, recalcou.

Praza do Obradoiro
Praza do Obradoiro

Así comezaban as súas declaracións ante tamén unha multitude de medios de comunicación, onde aproveitou para pedirlle a Rueda que escoite o clamor social e que deixe de facer de comercial dese franquismo industrial que representa o proxecto da megafábrica de celulosa.

“Pedímoslle ao presidente da Xunta que escoite o clamor social, que deixe de facer de comercial dese franquismo industrial que representa Altri e que escoite o que lle estamos dicindo, que queremos industrias do século XXI e non industrias do pasado, que queremos coidar do medio ambiente e que Galiza pode dar moito máis que recoller proxectos que noutras partes non queren”, expresou.

Faixa Galiza Nova
Faixa Galiza Nova

O BNG sempre incidiu en que Altri constitúe un exemplo máis de como o PP goberna desde a mentira, camuflando por biofábrica o que en realidade é unha macrocelulosa contaminante. Neste sentido, durante a súa intervención ante os medios, Pontón asegurou que estamos ante un momento clave para o futuro do proxecto, que aínda segue vivo e que depende das autorizacións da Xunta de Galiza. Por iso,  insistiu en que Rueda debe “deixar de facer de comercial de Altri e empezar a defender os interese xeral dos galegos e das galegas, que lle din todos á unha Altri non, Galiza si.

Faixa BNG
Faixa BNG

A multitudinaria manisfestación deste domingo para pedir que se lle dea carpetazo a Altri dunha vez por todas rematou na Praza do Obradoiro, que volveu quedar pequena para acoller a toda a xente se achegou a Compostela desde toda Galiza.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG