Ana Pontón presenta a campaña “Mellor local, mellor galego” para potenciar o comercio local e comprométese como presidenta a poñer en marcha a nova Lei de comercio

Goretti Sanmartín e Ana Pontón
Goretti Sanmartín e Ana Pontón

Critica a falta de iniciativa do PP durante 14 anos que provocou o peche  de máis de 12.000 pequenos e medianos comercios nun sector vertebral para a economía galega

Anuncia que o BNG solicitará a comparecencia do conselleiro de Sanidade na Deputación Permanente para dar conta do colapso sanitario

A portavoz nacional e candidata do BNG á Presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón presentou esta mañá en Compostela, a campaña “Mellor local, mellor galego” para potenciar o comercio local, consumir produtos galegos e dinamizar as vilas e cidades.

Nesta liña, anunciou que se é elixida presidenta comprométese a cumprir cos  compromisos adquiridos co conxunto da cidadanía e co sector do comercio comezando pola posta en marcha dunha “nova Lei de comercio” pactada co sector para abordar entre outras cuestións: os horarios, ordenar  as rebaixas, mellorar a calidade e poñer “fin a desregulación que levo adiante o Partido popular” prexudicando ao pequeno e mediano comercio e impedindo que poida competir coas grandes superficies comercias.

O obxectivo desta nova lei, recalcou á candidata á presidencia da Xunta de Galiza,  é “apoiar o pequeno e mediano comercio do noso país” e darlle  unha lexislación que se adapte a nosa realidade.

Por outra banda, tamén anunciou a posta en marcha  dunha gran plataforma online , unha Amazon galega, con participación pública e privada para que o comercio e os produtores locais teñan un espazo de vendas neste ámbito no que existe un nicho de mercado cada vez máis importante, explicou.

 “O noso comercio deber ser planificado” e dende o BNG apostaremos por elaborar un mapa de ordenación dos  recursos comerciais e engadiu que mentres ese mapa non sexa aprobado “aplicaremos unha moratoria  ás grandes superficies comerciais”.

O goberno que aspiro a presidir, afirmou Pontón,  “ fenderá que as persoas produtoras obteñan o máximo beneficio, porque son ela as que fan o traballo duro e as que nos aportan alimentos de calidade, ademais de manter vivo e activo o noso medio rural”.

Todas somos conscientes do efecto demoledor que provoca ver unha rúa convertida nunha sucesión de persianas pechadas e de locais baleiros. E, por contra, o efecto positivo no económico e no social, de ter un comercio local vivo e dinámico. Desde 2009, pecharon máis de 12.000 pequenos e medianos comercios, en parte polas sucesivas crises, pero tamén porque estamos ante un goberno do PP que non presta apoio a este sector, e aí están os datos dos orzamentos.

En 2024 a partida de promoción e regulación do comercio interior é de 22 M€, 13 menos que en 2009.

Pontón destacou que o  comercio local caracterízase pola súa  “calidade, trato personalizado, produto coidado e diferenciado”  e con  produtos singulares que dan unha produción que as grandes superficies comerciais nunca van a acoller.

A candidata nacionalista á presidencia da Xunta reiterou  a falta de medidas do PP durante 14 anos de goberno e a ausencia dunha “política clara” dirixida ao comercio local como reflicten os orzamentos do 2024, cun “apoio sensiblemente inferior ao comercio local”.

O BNG SOLICITA A COMPARECENCIA DO CONSELLEIRO DE SANIDADE NA  DEPUTACIÓN PERMANENTE PARA EXPLICAR A GRAVE SITUACIÓN DO COLAPSO SANITARIO

Por outra parte, Pontón tamén se referiu a grave situación de   colapso nas urxencias que se están a producir durante estes días  na práctica totalidade da áreas sanitarias de Galiza e “sen chegar aínda ao pico máis álxido da gripe”.

Ao seu xuízo,  este  colapso das urxencias é consecuencia dos continuos  recortes, “recortes e máis recortes de 14 anos de PP, sobre todo en atención primaria, onde temos un recorte nada menos que de 2.139 millóns de euros con respecto a 2009”.

O PP dedicouse “a dinamitar a Atención  primaria” e se primaria non funciona o resto dos servizos colapsan. É necesario, afirmou, “poñer fin a esta política de recortes” e de deterioro da base do noso sistema sanitario.

Dende o BNG solicitamos a comparecencia do conselleiro de Sanidade na Deputación Permanente porque a situación na sanidade “é moi grave” e deben adoptarse medidas de maneira urxente para dar  resposta a todas esas persoas que acoden ao servizo de urxencias.

“O meu compromiso é ser a presidenta dun goberno que teña como prioritario blindar a sanidade pública, en particular a Atención primaria, porque estamos falando da saúde das persoas” e  entre as medidas que adoptarei nos cen primeiros días de goberno como presidenta da Xunta, se teño a confianza da cidadanía, será  “aprobar un plan de choque de 200 M€ para reforzar atención primaria”, concluíu.
Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG