Ana Pontón pon en valor o traballo literario das mulleres lembrando a figura e legado de Begoña Caamaño

Encontro Begoña Caamaño
Encontro Begoña Caamaño
Propón a creación dun “Fondo Cultural Galego” e poñer en marcha o Instituto Rosalía de Castro, bolsas de apoio á creación artística  e residencias para escritoras noveis

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón puxo hoxe en valor o traballo literario das mulleres e a súa achega á cultura galega  no transcurso dun acto con escritoras  para lembrar a figura e obra  da escritora viguesa, Begoña Caamaño.

Tras realizar unha ofrenda floral no Parque Begoña Caamaño, a portavoz nacional do BNG mantivo un encontro con escritoras galegas en homenaxe e recoñecemento  á escritora viguesa no mes de outubro, “mes no que ela naceu e no que  tivemos que despedir a unha figura irrepetible e brillante” e cunha  grande achega á literatura galega.

Encontro Begoña CaamañoEn  Begoña Camaño, engadiu a portavoz nacionalista, queremos simbolizar a todas as escritoras e subliñou  que en Galiza temos “a inmensa sorte de que  as inauguradoras da nosa literatura contemporánea fora Rosalía de Castro”.

Pontón puxo en valor o traballo das mulleres escritoras galegas porque na cultura, dixo, ao igual que noutros ámbitos da sociedade, o sistema patriarcal fai que “se invisibilice a súa achega” e  non se valore o seu  traballo. Nós hoxe, recalcou a nacionalista, queremos recoñecer todo ese  traballo  no sistema cultural galego e a súa achega a unha literatura contemporánea renovada.

“Como muller, síntome orgullosa e representada polo traballo das escritoras galegas e o seu aporte á política onde seguimos precisando que o feminismo ocupe todas as actuacións e poñer no centro a denuncia de calquera  forma de discriminación que nos impidan  vivir nunha sociedade igualitaria”, afirmou.

Fondo Cultural Galego para a promoción da creatividade

A líder do BNG apelou a que os  Fondos Nex Generation non  “acaben  nas mans de catro multinacionais” e que sexan utilizados para darlle potencia a noso país. Unha gran parte desa potencia, dixo,  está na cultura  e dende o BNG apostamos por destinar parte destes fondo á creación “dun Fondo Cultural galego” para darlle impulso a Galiza, a súa internacionalización e apoiar toda “a creatividade e talento”. Entre as iniciativas do Fondo Cultural  Galego destacou “a posta en marcha do Instituto Rosalía de Castro, internacionalizar a lingua e cultura galega, bolsas para a creación e residencias literarias e artísticas  que permitan impulsar o traballo literario das escritoras noveis con máis dificultades para acceder ao mercado editorial”.

Encontro Begoña Caamaño  Begoña Caamaño, escritora e activista feminista e política

A xornalista, poeta e académica, Ana Romaní abriu o encontro organizado polo BNG para lembrar a figura e obra de Begoña Caamaño e que congregou a máis de vinte escritoras galegas de diferentes xéneros literarios. Todas as asistentes coincidiron en destacar a aportación de Caamaño á literatura galega así como e seu activismo feminista e político. Ledicia Costas, Marga Doval, Inma López Silva, Marta Dacosta, Dolores Vilavedra, Lucía Aldao, Luz Darriba, Goretti Sanmartín ou Luz Fandiño, entre outras, salientaron as múltiples facetas vitais, profesionais e creativas da escritora viguesa e o  seu traballo literario centrado na revisión da tradición. Neste sentido, a portavoz de Cultura e lingua do BNG, Mercedes Queixas salientou o activismo de Begoña Caamaño colocando sempre no centro “o seu compromiso reivindicativo” ao denunciar a marxinalidade do papel das mulleres na historia.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG