Ana Pontón participa na presentación do libro de Antón Baamonde que aborda os problemas derivados do centralismo

Presentación libro
Presentación libro
Moderada polo xornalista Xosé Hermida de El País, o debate contou coa achega do propio autor e do director de La Vanguardia, Enric Juliana

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou este xoves na presentación no Círculo de Bellas Artes en Madrid do último ensaio de Antón Baamonde, publicado pola editorial Galaxia e que, baixo o título de Unha nova Olanda, aborda os problemas derivados do centralismo e do feito de terse convertido a capital do Estado español nunha sorte de aspiradora de recursos tanto no ámbito económico, infraestruturas como no ámbito social.

Ana Pontón, Enric Juliana e Antón Baamonde
Ana Pontón, Enric Juliana e Antón Baamonde

O libro aborda tamén as diferencias entre as grandes urbes e as cidades galegas que conservan un tamaño á medida das persoas, o que supón unha vantaxe en termos de calidade de vida, de mobilidade, de preservación do medio ambiente e de posibilidades de organizar o espazo público poñendo no centro ás persoas. Sin que iso implique que as urbes galegas sexan alleas os procesos de transformación que se dan en todo o planeta, e contando ademais con grandes empresas que actúan en termos de economía global, como o caso de Inditex ou Stellantis. 

Presentación libro
Presentación libro

A líder do BNG destacou do ensaio o acerto de analizar como unha oportunidade para Galiza a conexión con Norte de Portugal e, nese sentido, Pontón considera clave potenciar as relacións potenciando ese eixo atlántico que conecta Porto con Vigo e, de aí, co resto do País. Un polo de desenvolvemento que, ademais, pode actuar como contrapeso a un centralismo que ignora e prexudica a Galiza. Potenciar o eixo atlántico permitirá atraer investimentos, atraer non só poboación senón tamén recursos humanos cualificados e, en definitiva, talento, creación de riqueza e de emprego.

Pontón puxo como exemplo de centralismo ou de madrid-centrismo letal para Galiza a explotación da riqueza electrica do País por parte de grandes multinacionais que obteñen beneficios millonarios, 11.050 M€ en 2021, sen que iso repercuta nin nas familias, nin nas empresas, ni na clase traballadora, nin siquera nun momento no que a factura enerxética está levando ó límite as PEMES, a sectores produtivos estratéxicos e empobrecendo a maioría social.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG