Ana Pontón: “O goberno da Xunta debe tomar todas as medidas políticas para frear a deslocalización de VESTAS”

Manifestación VESTAS
Manifestación VESTAS
Apoio do BNG á manifestación en Santiago en defensa dunha factoría viable nun sector en expansión. Hai que evitar a sangría industrial na Mariña

BNG trasladou o seu total apoio aos traballadores e traballadoras de VESTAS na manifestación celebrada en Santiago na que participou unha ampla delegación encabezada pola portavoz nacional, Ana Pontón, o deputado Nestor Rego, o deputado pola Mariña, Daniel Castro e os parlamentarios Xosé Luís Rivas e Carmela González.

“É unha fábrica que ten toda a viabilidade e detrás do ERE extintivo da empresa o que hai é unha deslocalización da produción, e por iso é urxente que o Goberno da Xunta se poña mans á obra para evitar que se poida perder ningún posto de traballo”, salientou a líder nacionalista.

Manifestación VESTASPontón subliñou que hai que facer todo o posible para evitar que a factoría da Mariña sega o mesmo camiño que Siemens-Gamesa, e considera “incomprensible” que en pleno boom eólico depredador unha empresa do sector poda anunciar o seu peche. “O Executivo de Feixóo debe adoptar as decisións políticas que impidan a deslocalización deste sector e para que fabriquen no País”, alegou, máxime nunha comarca como a da Mariña “na que xa chove sobre mollado, pois o futuro de ALCOA segue no aire e xa se perderon máis de mil empregos directos no sector industrial na última década”.

“Non podemos permitir que continúe a sangría industrial na Mariña que significa tamén a sangría industrial en Galiza”, recalcou, tras asegurar que o Goberno da Xunta ten mecanismos na súa man para frear este tipo de procesos de peches por deslocalización nun sector en expansión.

Manifestación VESTAS “Estamos nun momento de desenvolvemento da enerxía eólica e é evidente que se pode condicionar a instalación de novos parques a proxectos industriais nos que os compoñentes se fabriquen en Galiza. Por iso desde o BNG pedimos que se actúe e que a mesa que hoxe arranca entre empresa e Xunta sexa útil e serva para darlle os e as traballadoras de VESTAS un futuro. “Non podemos permitir que, unha vez máis, unha multinacional xogue co futuro da comarca e do País”, indicou a líder do Bloque.

A portavoz nacional aproveitou a manifestación para facer unha reflexión en relación ás consecuencias de non ter derrogado a contrarreforma laboral do PP, que facilita que hoxe o cadro de persoal desta factoría con sede en Viveiro teña sobre a mesa un expediente de extinción.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG