Ana Pontón: «Para as forzas estatais o Estado español empeza e acaba en Madrid»

Ana Pontón
Ana Pontón
A líder do BNG destaca que estes movementos das forzas estatais "non fan máis que ratificar a importancia para Galiza de ter forzas políticas coas mans libres para defender os seus intereses ante o Goberno do Estado"
Ana Pontón: «Para as forzas estatais o Estado español empeza e acaba en Madrid»

A portavoz nacional, Ana Pontón, interpreta as últimas decisións das forzas estatais como “o despregue de estratexias partidistas para situarse na contenda electoral e, nese sentido, cada forza política é libre de tomar as decisións que considere acaidas a súa estratexia electoral”, indicou a preguntas dos medios.

Unhas turbulencia que para a líder do BNG non fan máis que ratificar a importancia para Galiza de ter forzas políticas coas mans libres para defender os seus intereses ante o Goberno do Estado, “porque todos estes movementos o que están poñendo de relevo é que para as forzas estatais o Estado español empeza e acaba en Madrid”.

Preguntada pola galeguidade da ministra de Traballo, Pontón indicou que xa houbo moitos exemplos de políticos galegos sentados nos gobernos centrais, “que non supuxeron ningún cambio significativo para o noso País, non hai tanto tiñamos un presidente de Pontevedra, que veraneaba en Sanxenxo, e os feitos para Galiza no foron notorios”, alegou.

En relación á posibilidade de tomar medidas de maior apertura de cara aos vindeiros días de ponte e coa semana santa próxima, Pontón pediu a Feixóo que non cometa os mesmos erros que levaron á terceira onda, especialmente virulenta, e que se adopten as medidas necesarias para evitalo que non pode ser só deixado en mans do comportamento individual.

Nese sentido, volveu insistir en que debe reforzar medios no sistema público de saúde, os efectivos para levar a cabo os rastrexos e planificar con rigor a campaña de vacinación, para que poda descorrer con axilidade unha vez cesen os problemas de subministro.

 

Ana Pontón: «Para as forzas estatais o Estado español empeza e acaba en Madrid»