municipais 2023

Ana Pontón fai un chamamento á cidadanía galega a participar activamente o 28 M para elixir os mellores gobernos

Xornada reflexión
Xornada reflexión
Afirma que "a esencia da democracia é participar" e anima a todos os galegos e  galegas a manifestar a súa opinión o vindeiro domingo

Goretti Sanmartín recalca a importancia do voto para decidir  o mellor goberno para Santiago de Compostela, a partir do 28 de Maio

No día de reflexión, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón  e a candidata á alcaldía de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartin comezaron a xornada participando nun almorzo con amizades e membros da  candidatura de Santiago.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón fixo un chamamento á cidadanía galega a participar activamente o vindeiro domingo, 28 de maio para "elixir os mellores gobernos municipais".

No día de reflexión, tras unha intensa campaña que Pontón cualificou de "ilusionante", a nacionalista incidiu na importancia "dunha grande participación dos veciños e veciñas" porque é a cidadanía a que ten o poder de decidir nas eleccións. Canta máis participación, dixo, "mellor lle irá a Galiza". Neste sentido, animou a todas as persoas a participar e aquelas que aínda non decidiran o seu voto, hoxe é o día para decidilo.

Pontón asegurou que a participación é "a esencia da democracia" e agarda un domingo cunha gran participación para que os galegos e galegas se expresen  nas urnas.

Pontón, pasará a xornada de reflexión participando coa súa filla e familia  na excursión para país, nais e crianzas organizada pola escola infantil a que acode a súa filla.

Pola súa parte, Goretti Sanmartín tamén fixo un chamamento a que a xente reflexione "porque todos os votos son decisivos é é moi importante que as elecións sexan para conformar, a partir do 28 de maio, o mellor goberno para Santiago de Compostela".

Tras o almorzo, a candidata nacionalista participou na visita á exposición dos "50 anos de Fuxan os Ventos" acompañada pola candidatura do BNG e guiada por Tereixa Novo, compoñente historica do grupo. Durante a xornada de hoxe, Sanmartín tamén asistirá a diversas actividades no Barrio Xardín e na Praza 8 de Marzo para dedicar o resto do día á familia e amizades, tras unha intensa campaña electoral
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG