Ana Pontón encabeza a candidatura da Executiva nacional do BNG aprobada, por unanimidade, no Consello Nacional

Ana Pontón
Ana Pontón

A candidatura, coa mesma equipa de dirección que logrou a remontada do BNG, será sometida á votación da militancia na XVII Asemblea Nacional e responde á premisa de “manter o que funciona”

Ensanchar a organización, avanzar nas eleccións municipais e xerais,  fitos previos ao reto que se fixa o BNG  para presidir o goberno de Galiza no 2024

Ana Pontón encabeza a candidatura da Executiva nacional do BNG aprobada, por unanimidade, no Consello Nacional

A candidatura á Executiva Nacional do BNG, encabezada pola portavoz da forza nacionalista, Ana Pontón foi aprobada por unanimidade na reunión do Consello nacional, previo á celebración  da XVII Asemblea na Coruña, onde será sometida á votación da militancia.

A candidatura que hoxe aprobamos, dixo a portavoz do BNG, parte dunha premisa básica: “manter o que funciona, aproveitar as persoas e as equipas que teñen mostrado capacidade e valía nos seus postos, tanto de xeito individual como colectivo e manter o groso dunha equipa de dirección que foi capaz de levar ao BNG, desde unha situación difícil e complexa ao mellor resultado electoral da súa historia, de tal xeito que hoxe, somos a segunda forza política do País en disposición de afrontar con éxito o reto de liderar o Goberno de Galiza”.

No ano  2016, lembrou a líder nacionalista, o BNG deu paso a “unha nova equipa para coller as rendas da organización, asumindo responsabilidades  e conformando unha Executiva Nacional que mesturou con acerto a  experiencia e a renovación, como demostran os resultados en termos electorais e sociais. Ese acerto é o que buscamos repetir coa candidatura que hoxe sae deste consello nacional que, en esencia, consolida unha equipa que demostrou a súa capacidade para levar ao BNG á maior cota de respaldo social da súa historia, nesa liña, indicou Pontón  “queremos seguir traballando e  sumar a máis galegos e galegas ao proxecto do  Bloque para  darlle a Galiza un futuro mellor”.

Na súa intervención, Pontón dedicou unha  mención especial ao traballo e dedicación  das catro persoas que saen, por decisión propia, da actual executiva nacional: Susana Camba, Duli Diniz, Xosé Manuel Marcote,  e Xosé Emilio Vicente e tamén fixo unha  mención expresa ás catro persoas que se incorporan: Lucía López, Breixo Lousada, Lois Pérez Castrillo e Manuel Lourenzo. “Sei que ides dar o mellor de vós para lograr todos os grandes retos que temos por diante como organización, que son moitos e moi ambiciosos. Como na anterior dirección, volvemos combinar xuventude e experiencia con estas incorporacións”, reiterou.

Unha candidatura para pilotar un novo ciclo político, no que temos a obriga de seguir interpretando acertadamente o momento social, neste sentido destacou que nas pasadas asembleas o BNG acertou no “discurso claro é actualizado, na aposta pola unidade e a coherencia dunha forza sería e solvente.   Acertamos manténdonos firmes nos nosos principios que nos permitiron endereitar o rumbo do barco”.

XVII Asemblea Nacional

 A Asemblea Nacional do 7N na Coruña pechará un ciclo do BNG e dará o pistoletazo de saída para “abrir un ciclo novo, cun gran obxectivo: liderar o Goberno de Galiza en 2024”, recalcou Pontón. Hoxe, dixo, o BNG é a segunda forza política do País e cada día suma máis apoios. Un resultado que ten detrás un traballo “intenso e inmenso da militancia”, -o principal valor da organización-, e resultado, ademais, dunha liña política que conseguiu conectar con miles de galegas e galegos.

Sen renunciar a ningún dos nosos principios, conseguimos situarnos como a alternativa ao PP, cun discurso claro e actualizado, centrado nas preocupacións da cidadanía e, ofrecendo alternativas e solucións aos problemas que impactan de cheo nas familias, na clase traballadora, nas persoas autónomas, na pequenas e medianas empresas.

Ese é o reto que temos por diante, tres anos para percorrer un camiño coa máxima entrega e ilusión. Un camiño que ten polo medio importantes fitos de cara “a esa meta final da Presidencia da Xunta”.

  Entre os retos para os vindeiros anos,  a portavoz do BNG avogou por  fortalecer a organización e ensanchar a base social, avanzar nas eleccións municipais “enfrontándoas con decisión e coa convicción de que os nosos proxectos municipais poden chegar á maioría social”. Aumentar a representación nas Cortes do Estado como garantía de defensa dos intereses de Galiza ante o Goberno central, e sentar “unhas  bases sólidas para lograr o obxectivo de presidir o Goberno de Galiza en 2024, disputándolle a hexemonía ao PP”. Para facelo temos  que seguir centrando o traballo do BNG no que realmente lle da sentido á política,  “ocuparse dos problemas da xente e darlles solucións”.

Estou segura, afirmou, que ese é o camiño no novo ciclo político que abriremos tras a asemblea nacional: “con unidade, cunha organización forte e centrando o noso traballo político nas prioridades dos galegos e das galegas”.Temos tres anos para conseguir ese obxectivo e abrir un tempo de esperanza “liderando o Goberno desde a Presidencia da Xunta”. 

“Galiza necesita un novo rumbo”  e non podemos escatimar esforzos para poñer fin á desfeita das políticas do PP de Feixóo e ás nefastas consecuencias da súa submisión ao centralismo madrileño. Temos que  evitar que o descontento neste contexto de crise económica, provoque pasotismo, frustración e desmobilización entre a xente, porque iso só favorece ás forzas políticas que queren manter un status quo, un madricentrismo nocivo para Galiza. “Construír un futuro mellor só ten un camiño: ampliar a base social do nacionalismo e que o BNG lidere a Presidencia do País” enfatizou Pontón.

Temos por diante a XVII Asemblea Nacional da que, estou segura, “sairá un BNG con máis forza que nunca para traballar a favor de Galiza e da súa xente”.


PROPOSTA DE CANDIDATURA AO CONSELLO NACIONAL

XVII Asemblea Nacional do BNG

  1. Ana Pontón Mondelo
  2. Xosé Luís Bará Torres
  3. Xavier Campos López
  4. Rubén Cela Díaz
  5. Carme da Silva Méndez
  6. Olaia Ledo Díaz
  7. Bieito Lobeira Domínguez
  8. Lucía López Sobrado
  9. Manuel Lourenzo Sobral
  10. Breixo Lousada Valdés
  11. Ana Miranda Paz
  12. Lois Pérez Castrillo
  13. Montserrat Prado Cores
  14. Noa Presas Bergantiños
  15. Néstor Rego Candamil
  16. Xosé Luís “Mini” Rivas Cruz
  17. Olalla Rodil Fernández
  18. Goretti Sanmartín Rei
  19. Eva Villaverde Pego
     
  20. Marta Gómez Martín
  21. Avia Veira González
  22. Diego Lourenzo Moura
  23. Cristina Cid Fernández
  24. Rubén Arroxo Fernández
  25. Mercedes Tobío Rodríguez
  26. Daniel Pérez López
  27. Adolfo Muíños Sánchez
  28. Daniela Fernández Pérez
  29. David Miranda Martínez
  30. Ana Ermida Igrexas
  31. Luís Seara Fernández
  32. María González Albert
  33. Francisco Jorquera Caselas
  34. Élia Lago Pereira
  35. Xabier Pérez Igrexas
  36. Rosana Pérez Fernández
  37. Xosé Manuel Carril Vázquez
  38. Elvira Lombao Vila
  39. Iago Tabarés Pérez-Piñeiro
  40. Rosana Prieto Florines
  41. Francisco Chivite Mosquera
  42. Samanta Barreira Vivian
  43. Odilo Barreiro Martínez
  44. Mercedes Queixas Zas
  45. Uxío Benítez Fernández
  46. Sabela Bará Louro
  47. Daniel Castro García
  48. Iván Rivas Rico
  49. Cristina López Sánchez
  50. Guillerme Vázquez Vázquez

Suplentes: 

  1. Margarita Caldas Moreira
  2. Xosé Manuel Méndez Díaz
  3. Saleta Chao Rivas
  4. Xoán Carlos “Kuka” Sar Oliveira
  5. Sol Agra Tuñas
  6. David Santomil Mosquera
  7. Carmela González Iglesias
  8. Francisco “Quico” da Silva Vello
  9. Lorena Suárez Pazos
  10. Xosé Carlos de la Fuente Estévez
  11. Pilar Vázquez Sánchez
  12. Gonzalo Veiras Carneiro
  13. Patricia Torrado Queiruga
  14. Luís Pérez Barral
  15. Ruth Reza Álvarez
  16. Francisco Vilariño Taboada
  17. Raquel Suárez Regades
  18. Iago Suárez Fernández
  19. Míriam Bermúdez García
  20. Carlos Babío Urquidi
  21. Noelia Rodríguez Justo
  22. Paulo “Kai” Ríos Santomé
  23. Ánxela Cao Armada
  24. Rubén Permui Iglesias
  25. Jéssica García Cruz
  26. Secundino Fernández Fernández
  27. Olalla Obelleiro Hermida
  28. Secundino García Casal
  29. Iria Carreira Pazos
  30. Ramón “Mon” Fernández Alfonzo
  31. Carme Aira Díaz
  32. Alexandre Espiño Castro
  33. Manuela Rodríguez Pumar
  34. Sandra Carballa Vázquez
  35. Francisco García Suárez

 

Ana Pontón encabeza a candidatura da Executiva nacional do BNG aprobada, por unanimidade, no Consello Nacional