Municipais 2023

Ana Pontón: “Anxela será alcaldesa do Rosal por moito tempo porque fixo un traballo extraordinario a favor deste concello”

IMG-20230304-WA0002
O Rosal

O BNG logrou que O Rosal avanzase máis en catro anos que en trinta, o hai mellor aval para pedir o apoio da veciñanza nas eleccións do 28M

Destaca o modelo municipal de éxito do BNG capaz de facer que os concellos que goberna avancen no económico, no social e no cultural

A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a presentación da candidata á Alcaldía do Rosal, a actual rexedora Ánxela Fernández, para expresar o seu “orgullo con maiúsculas” vendo todo o que o BNG foi capaz de lograr no concello nun tempo récord, facendo que o municipio “avanzase máis nestes catro anos que nos últimos trinta, da man de Ánxela como a mellor capitana dun gran equipo de goberno”.

O BNG, recalcou Pontón, ten un modelo municipal de éxito que hoxe é referente en toda Galiza, destacando que O Rosal é un “exemplo excelente” dese modelo que funciona, que mellora a vida das persoas e que fai que vilas e cidades avancen.

IMG-20230304-WA0003
O Rosal

“É un orgullo ver como os gobernos municipais do BNG transforman vilas e cidades, como colocan ás persoas no centro da acción política mellorando a vida dos veciños e das veciñas, como xestionan con eficacia e practican unha política transparente, de portas abertas á participación da veciñanza. Como fixo Ánxela no Rosal”, subliñou.

Igualmente, destacou que seguindo ese modelo municipal, o goberno liderado por Fernández apostou polos servizos públicos, puxo en marcha políticas de benestar social e en defensa do medio ambiente, recuperando e rehabilitando, ademais, o espazo público para ás persoas.

“Os gobernos municipais do BNG teñen capacidade de ilusionar e de dar esperanza no futuro, de aportar dinamismo económico, social e cultural, como demostrou Ánxela aquí no Rosal con todo o seu equipo de goberno”, recalcou a líder nacionalista.

Co aval dese gran traballo, Pontón amosouse convencida de que “queda moito tempo por diante de Ánxela como alcaldesa do Rosal, porque volverá recibir o apoio masivo dos veciños e das veciñas este 28M, dos que confiaron en nós fai catro anos e de todas as persoas que valora o gran traballo do goberno municipal, unha auténtica revolución en positivo”.

A líder do Bloque botou a vista atrás para lembrar que hai catro anos O Rosal era un concello que esmorecía, paralizado no tempo e sen pulso. “Hoxe está convertido nun referente dentro da comarca do Baixo Miño”, indicou.

“Para manter esa liña de progreso e de ilusión, volverá ser alcaldesa do Rosal, impulsando o proxecto de presente e de futuro que representa o BNG”, recalcou. “Sei que o BNG vai ter un resultado electoral impresionante o 28M porque nos avalan os feitos e nada mellor que poder pedirlle a confianza aos veciños e as veciñas con esa gran carta de presentación”, subliñou.

A partir do 28 de maio, baixo o liderado de Fernández, o concello seguirá avanzando na recuperación do espazo público; nunha xestión eficaz, conseguindo investimentos para sacar adiante os proxectos que precisa o municipio.

Un goberno BNG é a garantía de que O Rosal continúa o seu avance en benestar social; en feminismo e igualdade, que proseguirá a senda da creación de riqueza e emprego, potenciando a economía local e que manterá o impulso á cultura, ao deporte e á participación cidadá.

Pontón destacou na súa intervención que a formación nacionalista será a forza política que máis suba nas eleccións municipais, “multiplicando a nosa representación ao longo e ancho do País, con más alcaldías, con máis concelleiros e concelleiros, avanzando no reto de darlle a Galiza un goberno e unha presidenta coas mans libres para defender os intereses dos galegos e das galegas”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG