Parlamento Europeo

Ana Miranda insta á Comisión Europea que aclare a data da chegada do AVE a Galiza

Ana Miranda
Ana Miranda
O BNG demanda garantías na seguridade nas liñas de alta velocidade e compromisos cos prazos

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, critica o baile de datas a respecto da chegada do AVE a Galiza e insta á Comisión Europea que aclare cando a alta velocidade fará entrada en Galiza. “Desde o BNG non entendemos por que Galiza ten que soportar as mentiras dos sucesivos ministros de Fomento sobre a seguridade da alta velocidade e as contradicións sobre a súa chegada á nosa terra”, denuncia.

Neste sentido, Miranda refírese a data ofrecida polo ministro de Transportes, José Luis Ábalos, quen asegurou que a alta velocidade chegará a Galiza en 2021, un ano máis tarde da data anunciada pola UE e polo seu predecesor na carteira de Fomento. “Non só temos o problema de que o actual ministro de Transportes danos unha data contraditoria coa da UE, senón que en Galiza temos un goberno que non goberna, nin cando en Madrid gobernan os seus nin cando goberna o PSOE. Feijóo é desleal a Galiza”, explica.

“Queremos que haxa compromisos claros tanto sobre os prazos da chegada da alta velocidade como sobre a seguridade das liñas e dos trens porque non queremos que se repita outro accidente como o de Angrois”, salienta a portavoz do Bloque en Europa, quen lembra que para garantir estas condicións o goberno do Estado ten que cumprir os requirimentos que marca a Unión Europea no procedemento de infracción que abriu contra España por incumprimento da normativa europea en seguridade ferroviaria e control de riscos.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG