Ana Miranda asiste á investidura de Alfonso Gómez, alcalde galego de Xenebra

Ana Miranda Alfonso Gómez Xenebra
Ana Miranda Alfonso Gómez Xenebra

A eurodeputada do Bloque salienta o compromiso co público do novo rexedor da cidade helvética

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participa hoxe na investidura do novo alcalde de Xenebra, o galego de Corme emigrado xunto os seus pais a Suíza, Alfonso Gómez, a quen lle une anos de estreita colaboración. “Alfonso é un home de lei. Nestes anos nunca perdeu a orixe, nin a esencia, a memoria e o enfoque do público”, subliña Miranda.

Ana Miranda explica que a súa asistencia á toma de posesión de Alfonso Gómez é a continuación do convite realizado no pasado mes de abril cando xunto á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou a colectividade galega en Xenebra, Basilea e Zurich. “Nese encontro coa xente do Bloque de Suíza foi cando convidou para a ir á investidura, nese galego de Corme tan fermoso”, sinala.

A eurodeputada nacionalista lembra que no 2015 Gómez participou nunha xornada de traballo en Bruxelas coa plataforma galega de emigrantes retornados. “Daquela era portavoz dos Verdes en Xenebra e como bo receptor das queixas dos emigrantes sobre a discriminación fiscal na tributación das pensións percibidas no estranxeiro, viaxou a Bruxelas para trasladar eses problemas á Comisión de Peticións”, sinala Miranda, quen destaca ademais a longa traxectoria desenvolvida por Alfonso Gómez en Acnur e Cruz Vermella na procura dunha sociedade comprometida cos dereitos humanos e a defensa do medio ambiente.




 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG