A sanidade pública importa. Defendámola!

Sanidade pública
Sanidade pública
A sanidade pública importa. Defendámola!

O PP está empuxando á sanidade pública cara ao precipicio

Na última década, coa escusa da crise, o PP de Feixóo á cabeza, aplicou duras políticas de recortes e fixo modificacións lexislativas e organizativas que danaron gravemente a Sanidade Pública de Galiza. Todas as medidas que tomaron tiveron como fin a privatización e o desmantelamento da sanidade pública galega, a base de reocortes continuos e de pór os recursos desta ao servizo de intereses privados para poder facer negocio coa enfermidade das persoas.

Redución de orzamentos, de centros de profesionais, de camas hospitalarias, privatizacións e externalización de servizos esenciais, derivacións de doentes a centros privados, listas de agarda disparadas, colapsos de urxencias, desatención clamorosa da saúde mental e das mulleres.

A Atención Primaria foi o ámbito da sanidade pública galega que con máis intensidade sufriu os recortes, as consecuencias son tremendas: masificación de consultas, cupos desbordados, redución de profesionais, non substitución, as listas de agarda de máis dunha semana para medica/o de familia, peche de axendas, saturacións, ausencia de pediatras, PACs ao límite...

Os hospitais comarcais desmantelados progresivamente, eliminando servizos e especialidades, até ir converténdoos en ambulatorios que non poden dar resposta ás necesidades da poboación. O peche da sala de partos e das urxencias de pediatría do Hospital de Verín é un claro exemplo.

Estamos fartas das mentiras do PP, a realidade é que están desmantelando a sanidade pública galega. Temos pero sanidade, peores prestacións, menos profesionais, máis listas de agarda, máis copagos...

Non lle permitamos ao PP que destrúa un ben tan prezado como é a nosa sanidade pública. Defendámola!

É PRECISO

  • AUMENTO DO ORZAMENTO DESTINADO Á SANIDADE.
  • DIMENSIONAMENTO E ESTABILIDADE DOS CADROS DE PERSOAL
    Son precisos profesionais suficientes para que teñan tempo as persoas doentes. Rematar coa precariedade laboral. Convocatoria de todas as prazas vacantes en todas as categorías. Contratos estábeis e dignos. Substitución do persoal profesional pola totalidade da ausencia. Aumento das prazas de formación de especialistas, MIR...
  • ELIMINACIÓN DAS LISTAS DE AGARDA E COLAPSOS DAS URXENCIAS.
    Contratando persoal e tendo operativos todos os recursos dos que dispón o SERGAS, camas, quirófanos... e non realizar ningunha derivación de doentes á sanidade privada mentres existan recursos dispoñíbeis, susceptíbeis de ser usados nos centros públicos.
  • PLAN DE MELLORA DA ATENCIÓN PRIMARIA.
    Incremento do investimento até chegar ao 25% do orzamento. Recuperación das Xerencias de Atención Primaria con capacidade resolutiva e orzamentaria. Incrementar as prazas de especialistas en pediatría e medicina familiar comunitaria. Crear equipos multidisciplinares aumentando as/os profesionais existentes: psicólogas/os, logopedas, terapeutas ocupacionais... Mellorar os equipamentos nos centros de saúde e PACs. Garantir equipos completos de profesionais nos PACs.
  • PLAN DE SAÚDE MENTAL.
  • PLAN DE ATENCIÓN Á SAÚDE DAS MULLERES.
  • MELLORA DOS HOSPITAIS COMARCAIS.
    Garantir a existencia de todas as especialidades e prestacións existentes e aumento das precisas para unha correcta atención á cidadanía.
  • REVERTER AS PRIVATIZACIÓNS E XESTIÓN DOS SERVIZOS SANITARIOS.
  • ELIMINACIÓN DOS COPAGOS FARMACÉUTICOS.

 

MANIFESTACIÓN

Domingo 9 de febreiro. 12 horas. Alameda de Santiago de Compostela.

A sanidade pública importa. Defendámola!