Para non perder nada no Día da Patria Galega 2018

Para non perder nada no Día da Patria Galega 2018

O Día da Patria Galega xa está aquí e vén cargado de todo tipo de eventos organizados polo BNG, Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre. A continuación facémosche un resumo.

24 DE XULLO:

30 anos de Galiza Nova e homenaxe a Rosalía de Castro e Castelao

Santiago de Compostela, Parque de Bonaval, ás 17 horas.

Intervencións de Iria Carreira, Xosé Emilio Vicente, Iria Aboi, Alberte Mera, Alberte Fernández e Ana Pontón. Actuacións de NAO e Sondarúa.

Ás 19,30h ruada pola independencia organizada por Galiza Nova

Festigal

Campus Sur de Santiago de Compostela.
Concerto, 🎸 a partir das 22,30h.

Con Dj Bambooh, The Lelli Kelly’s, Ses e Rebeliom do Inframundo.

25 DE XULLO:

Manifestación do BNG do Día da Patria Galega ✊🏻

Alameda de Santiago de Compostela, ás 12h.

Festigal

Campus Sur de Santiago de Compostela).

E por suposto, tamén podes xantar.