A iniciativa do BNG, a Eurocámara debaterá esta semana as políticas anti incendios na UE

Visita UE
Visita UE
O grupo parlamentar do BNG, Verdes-Alianza Libre Europea, logra incluír no Parlamento Europeo o  necesario debate sobre a prevención, medios e protección ante os incendios forestais no medio dun verán de temperatura estremas.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, presentará esta semana en Estrasburgo no Plenario do Parlamento Europeo unha serie de medidas para reforzar a preparación e os medios ante a previsión de grandes lumes nun contexto de temperaturas estremas e vagas de calor que percorren toda Europa e Galiza.

Un debate que terá lugar no pleno da Eurocámara a iniciativa do BNG, despois de que o grupo Verdes-Alianza Libre Europea, lograse incluír na sesión desta semana as políticas anti incendios.

A eurodeputada do BNG defenderá que “Europa aumente os fondos de cohesión ou da política agraria común nos vindeiros orzamentos comunitarios do 2028-2034, en lugar de destinalos ao gasto militar”. “Uns fondos, recalca, que son imprescindíbeis para pór en marcha políticas para loitar contra a emerxencia climática e adoptar medidas centradas na xestión medioambiental. Neste eido, son importantes os recursos para a prevención e extinción de lumes, así como recursos para a restauración do territorio queimado”.

BNG aportará medidas tras a catástrofe ambiental vivida na Galiza en 2025

Ana Miranda proporá un paquete de medidas que son parte das conclusións do foro monográfico sobre os lumes organizado polo BNG en Bruxelas, no que participou unha delegación de alcaldes e representantes do BNG, expertos en xestión forestal e medio ambiental e bombeiros, e  que mantiveron reunións con representantes da Comisión Europea, do Parlamento Europeo e das Nacións Unidas.

A eurodeputada do BNG  exixirá no Plenario que as autoridades apliquen axeitadamente a actual Lei de Restauración da Natureza da Unión Europea, que  aposta por “plans integrais, mesmo a nivel do manexo de terras, para unha xestión de bosques máis resistentes ao Cambio Climático, bosques e vexetación con maior biodiversidade caracterizados por unha maior resiliencia”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG