O BNG propón unha empresa galega de enerxía, unha tarifa eléctrica galega e novos criterios para fixar os prezos da luz e os beneficios

Mon Fernández
Mon Fernández na tribuna do Parlamento galego

O deputado do BNG, Ramón Fernández Alfonzo afirma que o actual sistema de fixación de prezos é un “enxendro” creado polos gobernos do Partido popular no Estado coa reforma enerxética do Ministro, José Manuel Soria

 Asegura que  Galiza pode crear unha  empresa galega de enerxía como  acontece coa principal produtora de enerxía hidráulica de Europa, STATKRAFT, propiedade 100% do estado noruegués

O BNG propón unha empresa galega de enerxía, unha tarifa eléctrica galega e novos criterios para fixar os prezos da luz e os beneficios

Ante situación xerada pola  fixación de prezos da electricidade, o BNG propón crear “unha empresa galega de enerxía e unha tarifa eléctrica galega”.

O deputado do BNG, Ramón Fernández Afonzo lembra que estas propostas xa foron formuladas en diversas ocasións pero o Partido popular votou sistematicamente en contra.  Agora, explica, atopámonos cun sistema de fixación de prezos que é o resultado do “enxendro” criado polos goberno do Partido popular no Estado  e propiciado pola reforma enerxética do ministro popular, José Manuel Soria.

Mon Fernández recalca que é posible crear unha empresa galega da enerxía e establecer unha tarifa eléctrica galega porque existen “exemplos de empresas públicas de enerxía en Europa como Enel, propietaria de ENDESA, pero tamén  a principal produtora de enerxía hidráulica de EUROPA, STATKRAF, propiedade 100% do estado noruegués”.

Para o nacionalista urxe modificar a regulación do sector, pero tamén precisamos introducir “un operador público”, que traballe con outros criterios que non sexan en exclusiva para  beneficio empresarial, senón que atenda a compoñente esencial e social deste sector. “Outros criterios á hora de promover proxectos de xeración de enerxía, outros criterios á hora de fixar os prezos, e outros criterios á hora de repartir beneficios da actividade”, reitera, Mon Fernández.

Por outra parte, o deputado do BNG explica que Galiza produce o 25% da enerxía hidráulica do Estado español durante os últimos 10 anos. Unha potencialidade que xera riqueza e  que debe ser aproveitada en beneficio de todos os galegos e galegos e non para “subir o prezo da enerxía e engordar as contas das grandes corporacións eléctricas”. Porque o prezo dun MW a 110 euros, cun coste de produción de 5€, supón “un beneficio do 2.200% e con todo  xa vendido de antemán”.

 A situación actual do prezo da enerxía é o resultado dun sistema de fixación de prezos, que consiste nunha poxa na que as empresas, libremente, poden determinar o prezo da enerxía que van colocar no mercado ao día seguinte.

Neste  contexto,  o prezo das emisións de CO2 está afectando á alza, igual que o prezo do gas, mais durante estes meses, en moitos momentos, a oferta máis cara da poxa, a oferta que marca o prezo da enerxía para todos e todas, “é o prezo das hidráulicas”, unha enerxía con  menores custos de produción. Entón por que está tirando do prezo? simplemente porque poden, remarca o nacionalista.

“O que está a pasando coa enerxía  exemplifica á perfección o que pasa cando se deixa ao mercado determinar o prezo de produtos básicos. A procura de maximizar beneficios das empresas leva os prezos a máximos e   moi por riba dos custes reais de produción”.Ante situación xerada pola  fixación de prezos da electricidade, o BNG propón crear “unha empresa galega de enerxía e unha tarifa eléctrica galega”.

O deputado do BNG, Ramón Fernández Afonzo lembra que estas propostas xa foron formuladas en diversas ocasións pero o Partido popular votou sistematicamente en contra.  Agora, explica, atopámonos cun sistema de fixación de prezos que é o resultado do “enxendro” criado polos goberno do Partido popular no Estado  e propiciado pola reforma enerxética do ministro popular, José Manuel Soria.

Mon Fernández recalca que é posible crear unha empresa galega da enerxía e establecer unha tarifa eléctrica galega porque existen “exemplos de empresas públicas de enerxía en Europa como Enel, propietaria de ENDESA, pero tamén  a principal produtora de enerxía hidráulica de EUROPA, STATKRAF, propiedade 100% do estado noruegués”.

Para o nacionalista urxe modificar a regulación do sector, pero tamén precisamos introducir “un operador público”, que traballe con outros criterios que non sexan en exclusiva para  beneficio empresarial, senón que atenda a compoñente esencial e social deste sector. “Outros criterios á hora de promover proxectos de xeración de enerxía, outros criterios á hora de fixar os prezos, e outros criterios á hora de repartir beneficios da actividade”, reitera, Mon Fernández.

Por outra parte, o deputado do BNG explica que Galiza produce o 25% da enerxía hidráulica do Estado español durante os últimos 10 anos. Unha potencialidade que xera riqueza e  que debe ser aproveitada en beneficio de todos os galegos e galegos e non para “subir o prezo da enerxía e engordar as contas das grandes corporacións eléctricas”. Porque o prezo dun MW a 110 euros, cun coste de produción de 5€, supón “un beneficio do 2.200% e con todo  xa vendido de antemán”.

 A situación actual do prezo da enerxía é o resultado dun sistema de fixación de prezos, que consiste nunha poxa na que as empresas, libremente, poden determinar o prezo da enerxía que van colocar no mercado ao día seguinte.

Neste  contexto,  o prezo das emisións de CO2 está afectando á alza, igual que o prezo do gas, mais durante estes meses, en moitos momentos, a oferta máis cara da poxa, a oferta que marca o prezo da enerxía para todos e todas, “é o prezo das hidráulicas”, unha enerxía con  menores custos de produción. Entón por que está tirando do prezo? simplemente porque poden, remarca o nacionalista.

“O que está a pasando coa enerxía  exemplifica á perfección o que pasa cando se deixa ao mercado determinar o prezo de produtos básicos. A procura de maximizar beneficios das empresas leva os prezos a máximos e   moi por riba dos custes reais de produción”.