O BNG pide a comparecencia de Feixóo para que explique o auto do TSXG que invalida a obriga de presentar o certificado COVID para acceder a hostalaría e ocio nocturno

Ramón Fernández Alfonzo
Ramón Fernández Alfonzo en comisión parlamentaria

O portavoz de Industria do BNG, Ramón Fernández Afonzo cualifica de “chapuza” o proceder da Xunta e acusa ao goberno de estar instalado “na improvisación” e insensible a un  dos sectores máis castigados pola pandemia

O BNG convocará a Deputación permanente para reclamar a comparecencia de Feixóo, de “maneira urxente”, para que explique a advertencia do Tribunal Superior de Xustiza sobre a falta de vixencia na obriga de presentar ante a hostalaría e ocio nocturno o certificado de vacinación, ao non ser remitido pola Xunta para a súa validación xudicial.

O nacionalista cualifica o proceder da Xunta de “ chapuza” que ven a dar a razón a todas as voces do sector e o BNG cando denunciamos que a estas alturas, tras ano e medio da pandemia, a Xunta continua instalada na “máis indignante improvisación”. Para o deputado do BNG, a Xunta ven de constatar a súa falta de “sensibilidade e empatía” cun sector dos máis castigados pola pandemia. “Repítese unha e outra vez o mesmo patrón de improvisación e falta de medidas económicas que acompañen as medidas de restrición e a ausencia de diálogo co sector”.

O BNG amosa o seu total apoio ao sector e anuncia que convocará a Deputación permanente para solicitar a comparecencia do presidente Feixóo no Parlamento. Aproveitaremos a comparecencia, recalca Mon Fernández, para exixir da Xunta “un cambio radical” porque o sector precisa certezas e axudas e a “Xunta de Feixóo non pode causar máis estragos que o propio virus”:

 

  

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG