Congreso

BNG exixe ao PSOE rectificar e retirar as emendas presentadas na Lei para a transferencia da AP-9 á Galiza

Néstor Rego
Néstor Rego

Néstor Rego cualifica o Partido Socialista de “hipócrita” por negar á Galiza a transferencia de competencias, nomeadamente a titularidade da Autoestrada do Atlántico

“Máis unha mostra de como os partidos estatais din unha cousa na Galiza e a contraria en Madrid. Máis unha vez, o partido que Goberno no Estado volve a furtar a vontade popular galega: pasou co PP e está a pasar co PSOE” denuncia o deputado do BNG

A organización nacionalista comprométese a seguir traballando até conseguir unha AP-9 galega e libre de peaxes por “moitos paus nas rodas que as forzas estatais intenten poñernos”

Sobre a transferencia da AP-9: “non só conseguimos cun acordo que se desbloquease a tramitación e remataran os prazos para a presentación de emendas senón que, ademais, instamos o resto de forzas políticas a non presentar emendas con dous obxectivos: para respectar a unanimidade do Parlamento de Galiza e, polo tanto, a soberanía galega, e axilizar a súa tramitación

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG