O BNG cualifica de “intolerable” que tras un ano de pandemia, o PP continue sen presentar medidas para reforzar o sistema sanitario

foto Iria Carreira apoio unánime patoloxías diferentes á COVID
Iria Carreira no Parlamento galego

A deputada do BNG, Iria Carreira denuncia  falta de recursos en Atención  primaria  e  o empeoramento das condicións laborais das traballadoras

Pide  ao Partido Popular que rectifique e reverta unha situación sanitaria marcada polos continuos recortes durante dez anos

 

O BNG cualifica de “intolerable” que tras un ano de pandemia, o PP continue sen presentar medidas para reforzar o sistema sanitario

A portavoz de sanidade hospitalaria do BNG, Iría Carreira cualifica de “intolerable” que, tras un ano de pandemia no que se evidenciou a necesidade de contar cun sistema sanitario e con recursos, teñamos  unha Atención primaria “afogada pola falta de persoal”, situación que a xuízo da nacionalista está a provocar graves consecuencias para as pacientes, polo “deterioro da calidade asistencial” e o empeoramento das condición laborais das traballadoras derivado da  sobrecarga de traballo.

O BNG súmase as denuncias das traballadoras  da sanidade ante a carga asistencial que deben soportar, denuncias, explica a deputada nacionalista   que mesmo foron presentadas ante o SERGAS e o Colexio de Médicos de Pontevedra.

 Para a nacionalista, resulta “indecente” que o Partido popular “non presente  propostas para reverter unha situación que o propio  PP xerou, tras unha década de continuos recortes nos servizos públicos”.

 O BNG exixe melloras para a Atención primaria e pide ao goberno que escoite as denuncias e  reivindicacións do persoal da sanidade pública

O BNG cualifica de “intolerable” que tras un ano de pandemia, o PP continue sen presentar medidas para reforzar o sistema sanitario