BNG critica unha “UE armada ate os dentes” na Asamblea da ALE

Montse Prado e Ana Miranda
Montse Prado e Ana Miranda
Ana Miranda e Montse Prado participan na Asamblea da ALE en Gandía, centrada na paz, no multilateralismo e na construción da Europa dos pobos

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e a deputada no parlamento galego, Montse Prado, participan na Asamblea Xeral da Alianza Libre Europea (ALE) que se está a desenvolver en Gandía (Valencia), con Compromís como forza anfitriona e baixo o lema de “Unidos pola Paz”.

As representantes do BNG integran a delegación internacional do BNG nunha Asamblea xeral que inclúe 39 partidos políticos e minorías de distintos pobos de Europa e cuxo obxectivo é realizar unha chamada á paz nun contexto mundial de cambio de paradigma, de incentivación do belicismo ,de carreira armamentística, de inxerencias na soberanía dos pobos e de loita e control anti democrático dos recursos xeoestratéxicos.

Ana Miranda intervindo na ALE
Ana Miranda intervindo na ALE

Recuperar o multilateralismo e a convivencia pacifica dos pobos

Neste foro analízase a situación mundial poñendo de manifesto que está en perigo o multilateralismo, a convivencia pacífica dos pobos, a soberanía e a propia democracia ante as constantes ameazas de invasión e da militarización das sociedades. Reivindícase a Europa dos pobos como a mellor vía para combater este contexto e combater unha UE “armada ate os dentes que esqueceu o seu papel social e está entregada á OTAN e a EE.UU”.

Un BNG imparábel e un espello para outras forzas políticas

Asemade, Ana Miranda participou nun acto organizado por Compromis no que explicou o ascenso do BNG, que “está a ser a forza que máis avanza na Galiza, un referente para moitas organizacións da ALE, subliñando que “o traballlo, a constancia, a militancia, unha organización que medra e o contacto permanente coa rúa, cos problemas dos galegos e das galegas, fan do BNG unha forza imparábel”.

Non esqueceron as representantes do BNG a dor do pobo valenciano, transmitindo a solidariedade e a empatía do  BNG coas persoas afectadas pola Dana e coas xustas demandas e reclamacións do profesorados que leva semanas de folga indefinida ante os ataques do PP á escola pública, condenando a brutalidade policial con quen está a manifestarse pacíficamente nas rúas para ter un ensino público de calidade. Neste sentido, Montse Prado deixou claro que “no BNG coñecemos perfectamente as consecuencias dun Goberno do PP, como o que tedes no País Valenciá. É sempre o mesmo guión: reducción e desmantelamento dos servizos públicos para servir aos intereses das empresas afíns e apostar pola privatización”.  

Fechou este acto organizado por Compromís, o candidato á presidencia do Goberno valenciano, Joan Baldoví, quen está liderando as enquistas para a presidencia e animou, xunto ao BNG, “a botar o PP porque os nosos pobos merecen máis”.  

Esta tarde celébrase un debate sobre as amenazas da ultra dereita en Europa, moderado por Ana Miranda e no que intervirán voces de Córcega, Flanders, Gales, entre outras,  para falar do avance do neofascismo en Europa e no mundo e os ataques á democracia, os dereitos humanos e as liberdades.

“ A Europa dos Pobos que representamos nós é antifascista, solidaria, feminista. Nada que ver coa Europa actual, a Europa fortaleza que representan estas forzas de estrema dereita. Cómpre a unidade das  forzas soberanistas, como o BNG, para combater ás organizacións xenófobas, antifeministas, racistas e que desprezan a soberanía dos pobos, que desprezan ás nosas línguas, a diversidade cultural e as diferentes identidades. Hai que frealos e paralos para que non ocupen espazos políticos e quiten dereitos ás clases populares” afirmou a coordinadora de Relacións Internacionais da Executiva do BNG Ana Miranda, na presentación do acto. 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG