O BNG critica a falta de cobertura das baixas e das vacacións das prazas de atención primaria e pediatría na Mariña

Daniel Castro
Daniel Castro
Castro denunciou as esperas de máis de dous anos por unha consulta en cardioloxía, de catro meses por unha biopsia, e casos como que Viveiro “chegue a quedar con un só médico para 16 mil habitantes” ou Ribadeo “quede en agosto con soamente un equipo médico para 14 mil habitantes”

O BNG denunciou hoxe no Pleno a situación de discriminación e precarización ao que o Goberno do PP somete á Mariña lucense debido a falta de coberturas das baixas e períodos de descanso das prazas do persoal facultativo nesta comarca.

“A xente na Mariña está farta”, criticou o deputado ribadense, Daniel Castro, “farta de que lle quitasen a Área Sanitaria e farta de que cando lle poñen enriba da mesa casos como os de xente que agarda máis de dous anos por unha consulta en cardioloxía”, agravios e esperas os aos que se lles suma “os catro meses de agarda por unha biopsia” e a situación de concellos como Viveiro, “que queda cun só médico para 16 mil habitantes”, ou Ribadeo, “que queda en agosto con soamente un equipo médico para 14 mil habitantes e desprazados”. Isto, recriminou, provoca “que en calquera concello no que haxa unha baixa médica ou vacacións xa se asuma que iso vai supoñer contar con menos sanitarios”.

Unha das situacións onde é máis evidente o talante precarizador do Goberno do PP, detallou Castro, é a pediatría “nun País no que moitos nenos e nenas mariñás coma en seguen sen coñecer ao seu pediatra”, criticou.

De feito, sinalou como esta política provoca que “os pais e nais que poden apostan directamente pola pediatría privada”, caso do concello de Burela por exemplo, “onde xa se pasou directamente a ir á pediatra de San Cibrao e o efecto dominó fai que a pediatría en San Cibrao colapse, xa que tamén atende a Xove”, denunciou, sinalando que concellos como Viveiro, o máis poboado da Mariña, siga tamén sen pediatra, “vostede considera que esta situación é normal?”, inquiriu ao conselleiro de Sanidade.

Castro fixo referencia ao clima de oposición das galegas e galegos á política sanitaria dos Populares “que é o que vai dicir da xente que se manifestou o 19 de xaneiro en Burela. Eramos todos cargos do BNG? Era unha homilía? Ían enganados? Eran autómatas?”, preguntou ao conselleiro de Sanidade, García Comesaña, para concluir emprazando ao Goberno do PP a a tomar medidas, a contratar e a investir “máis diñeiro na sanidade pública”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG