parlamento galego

BNG acusa á Xunta de beneficiar á patronal do xogo fronte á saúde pública

Luís Bará
Luís Bará
Luís Bará pediu ao goberno “firmeza” contra  as  presións das empresas do  xogo

A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno sobre o apoio da Xunta ao sector do xogo, o parlamentario do BNG, Luís Bará afirmou que que nos últimos nove anos a Xunta tomou decisións para  “favorecer os intereses do sector do xogo” sen ter en conta outras circunstancias. Dende o regulamento do ano 2012, explicou  o nacionalista, creceron  de maneira exponencial as autorizacións para salas de xogos, casas de apostas e máquinas de apostas deportivas. Sobre estas máquinas e o xogo on line, curiosamente o propio  presidente da patronal alertou da súa incidencia no colectivo adolescente, ironizou o parlamentario do BNG.

Na súa intervención tamén  aludiu ao investigador  en adiccións adolescentes, Antonio Rial Boubeta quen afirma que a máis práctica deportiva menos adición ás drogas e ao alcol pero máis adicións ás apostas deportivas, polo tanto, hai unha relación directa que debe prender as alarmas e sobre todo dende que vostedes “abriron barra libre” para  instalación deste tipo de máquinas de apostas  chegando a un total de 3.600.

PP modifica  a lei para beneficiar os intereses do Casino da Toxa

Neste sentido, afirmou que a Xunta “fixo a oportuna modificación legal”  para beneficiar os  intereses do Casino da Toxa permitindo abrir as  súas instalacións en Vigo, instalacións  avaladas, dixo mesmo  coa presenza do vicepresidente, Alfonso Rueda na presentación do novo centro. “Hai un trato de favor descarado ás empresas do sector do xogo”, reiterou o deputado e pediu ao  goberno galego “firmeza e neutralidade” priorizando os factores sociais e de saúde pública para   “poñer coto e non ceder ás presións da patronal do xogo”.

 Na súa intervención reiterou  que “non existe un control das máquinas B e de apostas” e tampouco se respecta a distancia de 300 metros dos centros de xogo  polo que preguntou se esta distancia tamén afecta a establecementos de hostalaría que acollen no seu interior máquinas B e de apostas.

Bará sinalou  que ao lado dos institutos “hai centros de xogo” aos que pode acceder “a rapazada” sen control, circunstancia denunciada de maneira reiterada polo  o profesorado e asociacións de veciños.  Nesta liña, dixo,  hai “unha lagoa” no texto legal á que sumou o movemento económico xerado no sector do  xogo que  non se corresponde coa fiscalidade desa  riqueza e  preguntou se o goberno prevé  algunha modificación  neste ámbito.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG