Acordo do Consello do Consello Nacional do BNG en relación á celebración do Día da Patria Galega 2020

Día da Patria Galega 2018 - 6
Día da Patria Galega 2018 - 6

O Consello Nacional do BNG adoptou, no día de hoxe, o acordo de manter a celebración do Día da Patria Galega o 25 de xullo, mais adaptando a súa realización ás circunstancias e garantías sanitarias hoxe vixentes no actual contexto marcado pola pandemia do COVID-19.

As limitacións sanitarias e legais que se nos presentan obrígannos, para posibilitar unha ampla participación popular, a organizar un Día da Patria Galega “expansivo e descentralizado”, cun acto central en Compostela, e outros nas cidades da Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense, contando con todas as comarcas da nación, segundo o seguinte esquema:

COMPOSTELA. Acto central *
Coa participación das comarcas de:

  • Compostela-A Barcala-Terra de Ordes
  • A Barbanza
  • Ría de Muros e Noia
  • A Montaña
  • Tabeirós-Terra de Montes-Deza
  • Asemblea da emigración

A CORUÑA *
Coa participación das comarcas de:

  • A Coruña
  • As Mariñas
  • Bergantiños
  • Costa da Morte

FERROL *
Coa participación das comarcas de:

  • Ferrolterra

PONTEVEDRA *
Coa participación das comarcas de:

  • Pontevedra-Caldas
  • O Salnés
  • O Morrazo

VIGO *
Coa participación das comarcas de:

  • Vigo
  • O Condado-A Paradanta
  • Baixo Miño

LUGO *
Coa participación das comarcas de:

  • Lugo
  • Lugo Sul

OURENSE *
Coa participación das comarcas de:

  • Ourense-O Carballiño
  • O Ribeiro
  • Terra de Celanova e Baixa Limia
  • A Arnoia-A Limia
  • Monterrei e Viana
  • Valdeorras


* IMPORTANTE: nos próximos días comunicaremos a ubicación exacta de cada un dos lugares onde se realizarán os actos.

Desta relación de comarcas exclúese A Mariña, pola peculiar situación que padece do punto de vista epidemiolóxico.

Todos os actos darán comezo ás 12.00 horas da mañá do 25 de xullo. Ás 12.45 horas producirase, desde todas as cidades, unha conexión simultánea co acto político que se estará celebrando na praza da Quintana, en Compostela. Con ese motivo, en cada cidade disporase dunha ampla pantalla localizada no espazo central, accesíbel visualmente para @s asistentes. Nesta retransmisión en directo con imaxes da praza da Quintana, trasladaranse tamén as intervencións públicas deste 25 de xullo. Remataremos coa interpretación simultánea do hino nacional desde a Quintana, e desde todas as cidades, todas e todos nós. Por esta vía, aínda que separad@s fisicamente a quilómetros de distancia, sentirémonos política e emocionalmente xunt@s o Día da Patria Galega, na nosa emblemática Praza da Quintana.

Para unha correcta organización deste Día da Patria, pregamos te poñas en contacto canto antes co teu/túa responsábel local ou comarcal para confirmares a túa asistencia á correspondente cidade de referencia. É moi importante, por razóns sanitarias, posuírmos unha aproximación previa do número de asistentes en cada cidade para a previa planificación loxística da xornada.

Só resta animarte para participares activamente. É o día da nosa nación. O día en que reivindicamos soberanía política e liberdade para Galiza. Neste 2020 cúmprese o centenario na celebración do 25 de xullo. E 100 anos despois, aquí estamos. Ninguén pode confinar as arelas de liberdade do pobo galego.

Viva Galiza ceibe e popular!

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG