TeleBNG

[Vídeo] Gañar o futuro

Cremos no noso país, Galiza, e queremos o mellor para ela. Somos galegos e galegas que traballamos cada día para unha Galiza en grande, para unha Galiza con futuro, para unha Galiza sen límites. No BNG temos a man tendida para todas as vontades, toda a intelixencia, toda a capacidade precisa para poñer unha nova Galiza en marcha. O noso é un país moderno, capaz, con recursos e capacidades, con coñecemento e saber facer. Témolo todo para saír adiante e gañar un futuro de prosperidade, benestar e igualdade para os galegos e galegas. Se nos facemos valer, témolo todo para gañar o futuro.

Canción composta por Jásper, Gustavo Brea e Xonix Records. Producida, gravada, mesturada e masterizada en XONIX Records (A Bandeira) en xullo de 2022. Voces: Icía do Manso e Pablo Carracedo (Jásper) Letra: Jásper e Gustavo Brea. Videoclip a cargo de Alberto Lora.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG