Novas
Ana Pontón á conselleira de educación: "Urxe dar certezas ao alumnado e profesorado"

Ana Pontón á conselleira de educación: "Urxe dar certezas ao alumnado e profesorado"

Pide a Educación que aclare  os contidos avaliables nas probas da ABAU e manter o número de prazas, incluíndo as taxas de reposición, nas oposicións do ano 2021

Critica a política “errática” da consellería de Educación, non exercer as súas competencias, negar o diálogo coa comunidade educativa, falta de material telemático e unha fenda dixital que provocou graves problemas na  teledocencia

Ler novas
O BNG apoia a prórroga do estado de alarma mais móstrase moi crítico coa xestión da crise por parte do Goberno central

O BNG apoia a prórroga do estado de alarma mais móstrase moi crítico coa xestión da crise por parte do Goberno central

Néstor Rego propón reverter a centralización e que sexa o Goberno Galego o que deseñe e execute o Plan de desescalada.

Os nacionalistas critican a incapacidade do Estado de xestionar con eficacia e as actuacións que poñen en risco dereitos e liberdades públicas.

O deputado do BNG sinala que a UE retratouse nesta crise como o que é: unha estrutura antidemocrática e insolidaria ao servizo das oligarquías e dos estados centrais.

Ler novas
Ana Pontón reclama medidas para reactivar o sector do libro

Ana Pontón reclama medidas para reactivar o sector do libro

O BNG traslada ao sector do libro e da edición  unha batería de propostas  para a súa reactivación ante a situación creada pola crise da COVID-19

Ana Pontón destaca que o sector representa o  2% do PIB galego e cada euro investido en cultura supón o retorno de tres euros para a economía

Propón  redistribuír os recursos  do Xacobeo 2021 con maior presenza na programación  dos sectores culturais galegos, crear un bono cultural e abrir unha liña de axudas “específica” para o sector da edición

Ler novas
O BNG propón que o uso das máscaras sexa obrigatorio e que a Xunta garanta a distribución gratuíta a toda a poboación

O BNG propón que o uso das máscaras sexa obrigatorio e que a Xunta garanta a distribución gratuíta a toda a poboación

Pontón pide a Feixóo que deixe de facer electoralismo coas oposicións e tome unha decisión xa porque hai miles de galegos e galegas en vilo polo seu futuro

Denuncia a anomalía democrática dun Parlamento amordazado polo PP e pide que Feixóo compareza unha vez á semana, empezando pola xestión nas residencias

Insiste en habilitar axudas directas @s autó[email protected] compatibles coas do Estado e en axilizar a tramitación dos ERTEs para facilitar ingresos ás familias afectadas

Ler novas
Montse Prado: “Logo do Covid19 a Xunta non pode volver á precarizar o persoal sanitario e ás privatizacións”

Montse Prado: “Logo do Covid19 a Xunta non pode volver á precarizar o persoal sanitario e ás privatizacións”

Pide ao goberno galego que non persista no erro de priorizar  os intereses económicos fronte ás necesidades asistencias de todos os galegos e galegas e non prescinda de ningún persoal durante  a emerxencia sanitaria

Reclama máis medios humanos e recursos  que posibilite “o merecido descanso” do persoal sanitario, cando a presión asistencial o permita, e rematar coa precariedade laboral e os recortes

Ler novas
Néstor Rego non ve xustificación posíbel en poñer en risco a saúde dos traballadores e traballadoras

Néstor Rego non ve xustificación posíbel en poñer en risco a saúde dos traballadores e traballadoras

O deputado Néstor Rego trasladou a preocupación de moitos traballadores e traballadoras que non ven garantidas as medidas de seguridade para protexer a súa saúde no ámbito laboral.

Os nacionalistas demandan aumentar de maneira significativa o número de test diarios, non só para detectar positivos senón tamén para realizar auténticos estudos epidemiolóxicos que aporten o coñecemento necesario para loitar con eficacia contra o COVID-19.

Ler novas
O BNG defende no Congreso máis medidas de apoio aos autónomos e autónomas

O BNG defende no Congreso máis medidas de apoio aos autónomos e autónomas

Néstor Rego pide que se condonen cotas tributarias, suspensión de alugueres de negocios e baixar a porcentaxe para poder acceder a axudas.

O deputado nacionalista reclama tamén reforzar o SEPE para xestionar axiña oERTEs e que as persoas afectadas poidan cobrar.

Rego critica que o goberno “metese a man” no fondo de formación para o emprego en vez de optar por gravar as grandes fortunas.

Ler novas
O BNG pon en marcha o comité asesor para a recuperación económica e social da Galiza

O BNG pon en marcha o comité asesor para a recuperación económica e social da Galiza

Este comité de persoas expertas e diferentes ámbitos elaborará as liñas mestras do programa socioeconómico que o BNG vai propoñer á sociedade galega para superar o escenario deixado polo coronavirus

Ana Pontón: “A solución non está na austeridade e nos recortes, senón en reforzar o autogoberno, potenciar o sector público e promover a xustiza social”

Acusa a Feixóo de desprezar aos partidos políticos e “amordazar” ao Parlamento mentres usa a TVG como canle de propaganda: “actúa como un oportunista”

Ler novas