GALEGAS 2020

O BNG recorre ante a XEC o mailing de Vox por incluír mensaxes falsas sobre a formación

Mailing VOX
Mailing VOX

VOX envía as casas sobres con mensaxes como “los separatistas del BNG invitaron a un grupo terrorista a su mitin en Santiago”, titular extraído dun blog de extrema dereita, falsidades e calumnias nun intento de desacreditar ao Bloque

O BNG entende que estas mensaxes poden constituír un delito de odio

O BNG recorre ante a XEC o mailing de Vox por incluír mensaxes falsas sobre a formación
O BNG presentou hoxe unha denuncia ante a Xunta Electoral Central (XEC) contra o mailing que a formación política Vox está a distribuír nos domicilios dos galegos e das galegas con mensaxes que poden ser constitutivas dun delito de incitación ao odio, inxurias e calumnias.

Nesta publicidade electoral se inclúen mensaxes como “los separatistas del BNG invitaron a un grupo terrorista a su mitin en Santiago”, que son unha total falsidade, falsidades que non teñen máis obxectivo que promover odio e xerar desconfianza contra a formación nacionalista e contra os principios que defende.

Polo tanto, o BNG considera que non debe permitirse que este tipo de mensaxes poidan ser difundidas impunemente nos domicilios dos galegos e das galegas, servíndose do proceso electoral e da posibilidade de facer mailing masivos para verter inxurias e calumnias que poden ser constitutivos de delito, razón pola que se pide a suspensión deste tipo de envíos e que se analice se as mensaxes son constitutivas de algún dos delitos xa mencionados.

 

O BNG recorre ante a XEC o mailing de Vox por incluír mensaxes falsas sobre a formación