Ana Pontón: “A Feixóo non lle interesa unha xustiza áxil que xulgue os casos de corrupción do PP”

Folga indefinida de Xustiza
Folga indefinida de Xustiza

Pídelle que deixe de botar gasolina ao lume e pase a ser parte da solución acabando coa discriminacións e os recortes que teñen ao sector en folga

A portavoz nacional, Ana Pontón, pídelle ao presidente da Xunta que deixe de facer de pirómano no conflito laboral que ten a sector da Xustiza en folga xeral, e pase a ser parte da solución atendendo ás demandas dos e das traballadoras que reclaman melloras salariais e acabar cos recortes para conseguir unha Xustiza máis áxil e moderna.

Pero dada a reacción do xefe do Executivo, “da a impresión de que a Feixóo non lle interesa que haxa unha xustiza áxil que xulgue os casos de corrupción do PP e, se cadra, é iso o que explica que poña tantos focos en contra deste sector”, alegou Pontón, quen lembra que as persoas “non van a unha folga xeral por entretemento”.

A dirixente do Bloque insta ao presidente da Xunta “a deixar de tenta enfrontar a uns traballadores contra outros” ao tempo que se pregunta que está facendo Feixóo “polos problemas dos mileuristas”, en referencia ás críticas vertidas contra os e as traballadoras en folga por rexeitar a subida salarial que ofrecía o Goberno.

O BNG reclama diálogo: “Quen enquistou o conflito foi a Xunta dinamitando a mesa de negociación, así que pídolle a Feixóo que non bote máis gasolina ao lume e que pase a ser parte da solución. Para iso precísase diálogo, que se sente na mesa e que non se levante ata que haxa unha solución”, reclamou Pontón.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG