Feijóo recoñece a Jorquera que o modelo de Financiamento autonómico é inxusto para Galiza

O nacionalista preguntou ao presidente por qué renunciou a solicitar a modificación do sistema de financiamento autonómico para mellorar o financiamento de Galiza e Feijóo responde que é un modelo "inxusto, incorrecto e non financia o custe real dos servizos".

Intervención de Jorquera na pregunta a Feijóo

Na quenda de preguntas ao presidente, o portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera interpelou a Feijóo sobre a revisión do sistema de financiamento autonómico do que dixo, “é unha anomalía que estea ausente da axenda política do goberno”. Do sistema de financiamento autonómico dependen os servizos e competencias transferidas, do ensino, sanidade, servizos sociais que o seu goberno “tanto se empeñou en recortar”.

O actual sistema, recalcou Jorquera tiña que ser revisado antes de decembro de 2014 pero o Goberno Rajoy decidiu incumprir a lei e mentres outras comunidades puxeron “o berro no ceo” reclamado a súa revisión, o seu goberno limitouse a aceptar os ditados do Goberno español.

 Feijoo recoñece que o actual sistema é inxusto para Galiza 

O presidente respondeu a Jorquera que a reforma de financiamento das Comunidades autónomas é unha reforma “que hai que afrontar” e sempre estivemos en contra do actual modelo polo seu deseño e unha evolución incorrecta. Estou dacordo con vostede, dixo, “é un modelo incorrecto, inxusto, non financia o custe real dos servizos e debe ser rectificado”.

Feijóo responde a Jorquera

O BNG pide a revisión do modelo de financiamento autonómico

Jorquera lembrou que era voceiro do BNG no Congreso cando foi aprobada a revisión do modelo de financiamento autonómico e só os dous deputados galegos votaron en contra, “os dous do BNG” mentres o Partido popular achantou e Galiza dende a entrada en vigor do actual sistema leva perdido 8.464 millóns de euros, o equivalente aos recortes do seu goberno dende o ano 2009 por mor dun sistema de financiamento “ruinoso” para o noso país.

O BNG, explicou o nacionalista emprazou ao goberno galego a que presentara a súas propostas ante o Parlamento e establecer un dialogo entre os grupos para concretar “unha posición de país”, pero vostedes dixeron que non. O seu goberno “nin opina, nin dialoga, nin concreta as súas propostas” e nun debate crucial para o país, “Galiza sigue ausente”

Os concellos galegos á cola na participación dos ingresos do Estado

Sobre o financiamento local, explicou Jorquera, o actual sistema incide en que os veciños dos concellos galegos teñan peores servizos e que o gasto público por habitante sexa 817 euros fronte os 1.048 da media estatal. Este parlamento por iniciativa do BNG en abril do ano 2015, acordou instar á Xunta a revisar o modelo pero a Xunta “incumpriu o acordo” e os veciños e veciñas seguen padecendo “esta discriminación”.

Réplica de Jorquera a Feijóo

Feijóo candidato do PPdeG á Xunta de Galiza

Vostede, dixo Jorquera, acaba de ser proclamado candidato enarborando a bandeira do galeguismo pero en materia de autogoberno, “chegou vostede e mandou parar” como di a canción de Carlos Puebla.

A escusa para non revisar o sistema de financiamento autonómico é que o Goberno de Rajoy está en funcións pero o que realmente “leva sete anos en funcións en materia de autogoberno é o goberno que vostede preside”. En materia de autogoberno “cero competencias reclamadas e cero traspasos conseguidos”. Nunca na historia da autonomía houbo “un balance máis desastroso para o noso autogoberno”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG