En defensa d@s refuxiad@s, batería de actos en lugares emblemáticos ao longo de toda Galiza!

Acto en defensa dos e das refuxiadas ante a Torre de Hércules

O BNG celebrou esta mañá unha batería de actos simbólicos de protesta en diferentes lugares emblemáticos do país para chamar a atención sobre a crise humanitaria dos e das refuxiadas, reclamar a anulación inmediata do acordo UE-Turquía e reivindicar unha política de asilo que dea acollida ás miles de persoas que petan nas portas de Europa fuxindo da guerra ou da miseria.

Acto en defensa dos e das refuxiadas ante a Torre de Hércules

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou no acto da Coruña ante a Torre de Hércules para denunciar “a política inhumana” que soportan miles de refuxiad@s por parte das institucións europeas, “unha política que nos avergoña”.

O Bloque pide a ruptura do “ilegal e inmoral” acordo pactado co goberno de Ankara que permite mercadear con seres humanos, ao tempo que denuncia o cinismo do Estado español que, despois de comprometerse a recibir a miles de refuxiados, só ten acollido a 18 persoas. “Esta debe ser a primeira rectificación urxente”, demandou a tamén deputada nacionalista, indicou.

“Provoca rabia e indignación ver como desaparecen miles de nenos e nenas no corazón de Europa ou como morre xente de frío mentres as institucións da UE miran cara outro lado. Queremos unha Europa que abra as fronteiras e volva aplicar políticas de asilo ante esta crise humanitaria”, argumentou Pontón.

Acto en defensa dos e das refuxiadas ante a Torre de Hércules

O BNG lembra tamén que estas persoas escapan de guerras “provocadas precisamente pola política imperialista practicada ou auspiciada tanto desde Europa como desde EEUU”, alegou a portavoz nacional neste acto simbólico ante a Torre de Hércules onde se despregou unha pancarta co lema Galiza c@s refuxiados, que o Bloque repetiu en lugares emblemáticos por todo o país, como na Catedral de Santiago, na Cruz do Castro en Vigo, na Muralla de Lugo, nas Burgas en Ourense, ou na Ponte internacional en Tui.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG