O BNG sae en apoio dos afectados polas preferentes

Jorquera advirte que a solución de Feijóo é unha "solución falsa" e defende unha solución "política" e "colectiva" que restitúa a totalidade dos cartos investidos polos afectados desta fraude.

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, participou este Sábado en Santiago na manifestación dos afectados pola fraude das preferentes, para amosarlles así o seu apoio fronte á “solución falsa” da arbitraxe que lles ofrece Núñez Feijóo.

Jorquera, en declaración aos medios antes de comezar a mobilización, afirmou que os milleiros de persoas vítimas desta fraude masiva precisan de solución reais, non dunha arbitraxe que só vai poder resolver os casos máis escandalosos pero non o da

“Fronte á esa vía falsa que propón Feijóo –dixo- fai falta unha solución política, global e colectiva que pasa por restituir o total dos cartos investidos polos milleiros de persoas que foron enganadas”.

Para o candidato nacionalista, non é de recibo que se destinen miles de millóns de euros de recursos públicos a sanear a banca privada e non se aproveite para esixir a devolución íntegra dos cartos desta “estafa”.

Prima de risco

A preguntas dos xornalistas sobre un novo récord da prima de risco, asegurou que é a constatación de que todas as políticas de recortes e austeridade que se están practicando non serven nin para “iso que se di de forma tan recurrente de calmar os mercados” nin para saír da crise.

Neste sentido, engadiu que non só é que non servan senón que o único que están facendo é agravar e agudizar a actual situación, “seguen cavando nun foxo que vai provocar que a recesión acabe en gran depresión”.

Para Jorquera, a dúbida sobre a falta de expectativas na recuperación económica do Estado está a provocar esta situación, polo que considera indispensábel un cambio de rumbo de forma urxente, un cambio “drástico” que evite o “auténtico desastre económico e social cara o que camiñamos”.

Delegación BNG

O candidato do BNG encabezou a delegación nacionalista de apoio aos afectados polas preferentes, na que tamén participaron a voceira do grupo parlamentar, Ana Pontón, os deputados e membros da executiva Carlos Aymerich e Ana Luisa Bouza e Rubén Cela e Rafa Villar como representantes do grupo municipal de Santiago, entre outros asistentes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG