O BNG, contra as marcas brancas porque son a ferramenta da distribución para tirar o prezo do leite

O gandeiro Antón Lamazares e o alcalde de Mazaricos, Blanco Riveiro, voces en defensa do sector

O BNG considera positivo o resultado das masivas mobilizacións dos gandeiros e gandeiras que permitiron visualizar un sector unido, o apoio social as súas demandas e obter logros concretos como a supresión dos contratos lixo e unha suba, aínda que insuficiente, do prezo do leite que agora debe ser trasladada aos gandeiros e gandeiras.

Antón Lamazares, gandeiro, e  Blanco Riveiro, alcalde de Mazaricos, voces en defensa do sector leiteiro

Avances que deben concretarse nun acordo que garanta o futuro do sector leiteiro. “Esta mañá volvín traballar a perdas”, declaraba Alberte Lamazares, gandeiro de Rodeiro, que comparecía para facer balance das tractoradas xunto co portavoz nacional, Xavier Vence, a deputada Tereixa Paz, o responsable de Fruga, Manuel da Cal, e Juan José Blanco, alcalde do concello de Mazaricos en plena comarca leiteira.

“Queremos prezos dignos para poder seguir mantendo as nosas explotacións, pero tamén o rural deste país”, apelaba Lamazares.

O BNG ten a vista posta no acordo que se ultima en Madrid para este mércores entre o Ministerio de Agricultura, industria, distribución e produtores, que debe incluír medidas concretas que garantan prezos xustos e garantías de cumprimento efectivo do que se pacte.

“Imos estar vixiantes para que ese acordo estea á altura das demandas do sector e non supoña un peche en falso do problema que provoque unha nova frustración nos miles de gandeiros e gandeiras que se manifestaron nas rúas”, subliñou Vence.

O gandeiro Antón Lamazares e o alcalde de Mazaricos, Blanco Riveiro, voces en defensa do sector

Para o BNG, o acordo entre as todas as partes debe traducirse nun “incremento real e efectivo” do prezo do leite que permita explotacións viables, “non meras subidas puntuais, senón un incremento estrutural”, contratos estables e garantías gobernamentais de cumprimento dos compromisos que se asinen.

En definitiva, explicaba Vence, “o acordo ten que traducirse nun decreto con medidas concretas, referencias de prezos e garantías de control e inspección con capacidade de penalización por parte do Goberno para quen incumpra”. O Bloque xa avanza que propón a creación dunha comisión de seguimento do acordo no marco de Galiza, que conte co compromiso da Xunta.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG