O BNG impulsa unha proposta para eliminar as quitas das preferentes

Francisco Jorquera anuncia que o BNG pedirá a reprobación de Feijóo por non demandar ante o Goberno central unha caixa territorializada en Galiza

 O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera compareceu hoxe ante os medios de comunicación para anunciar a presentación “dunha Proposición de lei” ao fin de modificar a normativa 9/2012 que legaliza as quitas aos afectados por participacións preferentes.

Os afectados deben recuperar o cen por cen dos  "aforros estafados"

A iniciativa nacionalista pretende que a través desta modificación, os preferentistas “espoliados” podan reintegrar o cen por cen dos seus aforros.

O portavoz do BNG confía que a proposta nacionalista sexa aceptada pola Xunta e sexa remitida de inmediato ao Congreso para pedir a modificación da lei, “a Xunta, dixo, vai ter que pronunciarse” e veremos se existe “vontade real de aproveitar esta ferramenta e apoiala”.

Ademais, o BNG tamén impulsa outra iniciativa para que a Xunta "impugne politicamente" a normativa e inste ao Goberno central a modificar unha normativa que afecta a "miles de pequenos aforradores estafados”.

Para Jorquera, os afectados deben ser resarcidos coa “indemnización polos danos e perdas” polo que pediu que o Goberno galego poña a disposición dos pequenos aforradores “toda a cobertura política e xurídica para recorrer o acordo do FROB” .

Reprobación de Feijóo e Louzán

Jorquera anunciou que o BNG presentou dúas iniciativas co obxecto de que o Parlamento galego “reprobe” ao presidente ao da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, por "manifestacións intimidatorias contra as persoas afectadas polas preferentes" e, en concreto, contra o portavoz de la plataforma de O Rosal, Xulio Vicente ao que acusa de “provocador nato” e ao que censura por ser “sindicalista liberado da CIG”.

Sobre esta cuestión, o portavoz do grupo parlamentario do BNG afirmou que as declaracións de Louzán lembran os tempos nos que ser “sindicalista era pecado” e cualificou as súas palabras de "inconcibibles nun portavoz público".

O Bloque tamén pedirá "reprobar a actuación da Xunta e do seu presidente " por non dirixir ningunha demanda sobre a necesidade de que Galicia conte con entidades financeiras propias.

Preferentes aprobadas con Aznar

Despois de que o presidente de la Xunta culpara á oposición da comercialización de preferentes, Jorquera replicou que recibiu as culpas por "cometer o pecado orixinal de, nalgún exercicio, chegar a acordos co PSOE para apoiar o presuposto" estatal, por este camiño, dixo, o BNG vai ser culpable do tsunami de Xapón ou do asasinato de Kennedy".

Neste sentido, o nacionalista afirmou que a "comercialización de preferentes" foi "legalizada" en virtude dunha lei da época de José María Aznar e a quita a los preferentistas "aprobada" polos deputados galegos do PP en Madrid.

“En Chipre, dixo, pese ás durísimas condicións impostas, o seu su parlamento evitou que se aplicara unha quita para os depósitos de menos de 100.000 euros”.

Jorquera tachou de "opaco" o sistema de arbitraxe para os preferentistas galegos y advertiu que na auditora encargada "ocupou altos cargos" o actual ministro de Economía e presidente del FROB, Luís de Guindos.

 O BNG reiterará que Feijóo "deixe a Presidencia de inmediato"

A preguntas dos xornalistas sobre a comparecencia de Feijóo no vindeiro pleno, Jorquera indicou que o BNG reiterará que o titular do executivo galego “deixe a presidencia de inmediato” tras a súa “estreita relación” co capo da mafia Marcial Dorado.

"Independentemente de si cometeu actos delictivos ou non, engadiu, resulta inadmisible que un alto cargo tivera unha relación estreita e duradeira cun capo" e asegurou que a versión do presidente Feijóo vai caendo con novas informacións como “un auténtico Castelo de naipes”.

Para Jorquera, o presidente da Xunta incorreou en "contradiccións ", polo que espera que o mércores ofreza unha explicación "clara, diáfana e contundente” sobre a súa relación con Dorado.

O portavoz do BNG no Parlamento galego sinalou que as revelacións do xuíz Taín poñen en dúbida a versión de Feijóo, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG