O BNG empraza a Rajoy e Feijoo a meter o leite galego na axenda con Merkel

Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa

Ana Miranda aconsella a chancerelesa visitar unha explotación gandeira e probar o leite galego para que coñeza a súa excelencia e os problemas do sector

Ana Miranda, Tereixa Paz e Elías Somoza denuncian a situación do sector lácteo

O BNG emprazou hoxe a Rajoy e Feijóo a “mudar a axenda” da visita a Santiago da chancerelesa alemá, Angela Merkel e introducir como tema fundamental a grave situación do sector lácteo galego afectado polas multas por sobreprodución, baixada de prezos, alugueres de cotas e veto ruso.

Na comparecencia ante os medios de comunicación, a deputada do BNG, Tereixa Paz, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda e o Coordinador de sectores gandeiros da Federación Rural galega, (FRUGA), Elías Somoza, denunciaron o “acoso” ao que está a ser sometido o sector por decisións políticas do Partido popular contrarias aos intereses dos gandeiros galegos.

Axenda de Merkel en Santiago con Rajoy e Feijóo para resolver o futuro de Cañete de De Guindos

Ante a visita de Merkel a Santiago, a deputada do BNG, Tereixa Paz emprazou a Mariano Rajoy e Feijóo a “mudar a axenda” e introducir o problema do sector lácteo galego ameazado por multas por sobreprodución, alugueres “fraudulentos de cotas” e inasumibéis baixadas de prezos na produción.

Ulos os contratos de negociación cos gandeir@s galegos, onde están os 700 millóns de euros para investimentos no plan estratéxico do sector lácteo preguntou a deputada. O único que temos, dixo, é un “banco de terras crioxenizado polo Partido popular concentración parcelarias paralizadas polo que volveu pedir a Rajoy, Merkel e Feijóo que aborden a grave situación do sector.Tere 2

O que sabemos da axenda dos mandatarios é que tratarán de resolver o futuro de dous representantes do Partido popular en cargos da Unión europea, “pedimos que traten o sector lácteo galego coa Sra. Merkel” e se preocupen menos por Cañete e De Guindos.

Asemade, a nacionalista denunciou o “pánico” que, ao seu xuízo, intencionadamente sementan no sector a Ministra de Agricultura e a conselleira de Medio Rural a respecto dunha posible supertaxa ao remate da campaña.

Por outra parte, tamén denuncio que “catro listos especuladores” segan facéndose de ouro a conta dos gandeiros galegos e demandou un control público sobre o mercado “fraudulento e clandestino” de aluguer de cotas.

A FRUGA reclama non aplicar a supertaxa e un aterraxe suave da fin de cotas europeas

Elías Somoza asegurou que a situación do sector ven definida pola ameaza da supertaxa e baixada dos prezos dende o inicio da campaña o 1 de abril do 2014. A supertaxa, explicou, foi unha multa que condicionou a moitas explotacións nos anos 90 sobrepasamentos que logo foron paliados co aumento da cota destinada ao Estado español, pero a día de hoxe, “o actual sistema de cotas remata o 31 de marzo do 2015 e xa non teremos maneira de regular as producións lácteas na Unión Europea”.

Elías Somoza, representante da FRUGA

As explotacións galegas, recalcou, fixemos importantes esforzos e neste momento hai países que están a pedir un “aterraxe suave” das cotas e non aplicar a supertaxa, sen embargo, o Estado español está a traballar na dirección contraria.

Somoza lembrou que en Galiza existen preto de 10.000 explotacións sendo ademais primeira potencia produtora do Estado español pero @s gandeir@s galegos non teñen ningunha capacidade para decidir o prezo do leite polo que reclamamos que se convoquen as mesas interprofesionais.

O representante da FRUGA concluíu a súa intervención censurando a “deixadez” da Consellería de Medio Rural para resolver os problemas do sector lácteo galego.

Ana Miranda  recomenda a Merkel probar o leite galego

Finalmente, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda aconsellou a mandataria alemá “probar o leite galego” para comprobar a súa excelente calidade pero tamén que é un dos peor pagados de toda a Unión europea.

Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa

Para Ana Miranda, as administracións non están a defender o Bruxelas, “as baixadas de prezos das industrias, a ameaza de multas por supertaxa, o veto ruso e o reposicionamento dalgúns países europeos no mercado do leite deixa ao noso sector nunha situación moi complicada” lamentou.

Miranda anunciou que o BNG presentará diversas iniciativas ante os responsábeis da negociación común do leite, porque “o sector lácteo galego crea postos de traballo e ten futuro e como tal, dixo, merece un trato diferente”.

A portavoz nacionalista galega en Europa avanzou que o BNG reclamará en Bruxelas a aterraxe suave das cotas para impedir que Galiza nos se converta nun país dos excedentes de leite doutros lugares.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG