
A nosa onomástica padeceu un profundo proceso de substitución lingüística, borrado e deturpación, que se intensificou tras o golpe de Estado de 1936 e se prolongou ata 1977.
Algúns dos apelidos castelanizados máis frecuentes no noso país son Iglesias, Rey, Blanco, Otero e Lorenzo (1)
E se comezásemos a facer un pouco de xustiza histórica no noso propio nome?
Rexistrar o teu nome en galego e restaurar os apelidos deturpados vai máis alá dun xesto simbólico: é unha expresión de liberdade, dignidade e coherencia, un acto de reafirmación da nosa identidade colectiva e tamén un exercicio de xustiza histórica.
Sabías que Foz, Cacheira ou Estebiño (2) son apelidos xenuinamente galegos a piques de se extinguir?
É o momento! Rexistra o teu nome e apelidos en galego! Con este pequeno xesto axudas á normalización plena da lingua, fas visíbel a nosa riqueza lingüística e revitalizas as formas xenuínas que corren perigo de desaparecer.
AGORA, É FÁCIL
Neste vídeo explicámosche como galeguizar o teu nome e/ou restaurar o teus apelidos en 4 sinxelos pasos:
Recursos para os trámites:
> Descarga aquí o certificado literal de nacemento.
> No caso de que esteas casada ou casado tamén é necesario o certificado de matrimonio.
> Pide aquí a cita previa no Rexistro Civil.
> Escolle o formulario a cubrir, segundo o que queiras galeguizar:
1 Cartografía dos apelidos de Galiza (CAG) da Universidade de Santiago (USC).
2 Instituto Galego de Estatística (IGE). Datos do 2023

